O languedociano[1] ou lengadociano[1] é un dialecto occitano falado especialmente no Languedoc. Polas súas características centrais, adoita ser proposto como base para o occitano estándar.[2]

Languedociano
Falado en: Languedoc, Francia
Total de falantes:
Familia: Indoeuropeo
 Itálico
  Románico
   Italo-occidental
    Galo-ibérico
     Galo-románico
      Occitano-románico
       Languedociano
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

Clasificación editar

O languedociano é unha variante meridional do occitano, semellante ao provenzal.[1] Tamén ten algunhas semellanzas co gascón, aínda que non comparte moitas das diversas idiosincrasias que o separan do resto do occitano, e coa lingua catalá, que, a pesar da súa autonomía lingüística, é de orixe occitana, con especial proximidade co languedociano.[3] O languedociano mesmo ten unha variedade interna, que presenta o encontro de varias categorías dialectais occitanas.[4]

Uso editar

As estatísticas oficiais francesas apuntan a unha cifra entre 500 e 700 mil falantes de languedociano, aínda que a cifra é difícil de determinar pola falta de información censual e os límites pouco claros entre os distintos dialectos.[5] A UNESCO estima que o número de falantes é de 500.000 persoas, e clasifica a lingua como en grave perigo.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Rei, Francisco Fernández; Santamarina, Antón (1999). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Estudios de sociolingüística románica: linguas e variedades minorizadas. p. 279. 
  2. Partridge, John (2010). Interfaces in Language (en inglês). p. 135. 
  3. Partridge, John (2010). Interfaces in Language (en inglês). pp. 145–6. 
  4. Partridge, John (2010). Interfaces in Language (en inglês). pp. 149–50. 
  5. "Langue française et langues de France" (en francês). 
  6. "UNESCO Interactive Atlas of the World's Languages in Danger" (en inglês).