Abrir o menú principal

Lanceiros do Pantano de Vargas

Monumento nacional de Colombia

Coordenadas: 5°44′15″N 73°04′30″O / 5.73750, -73.07500

Monumento dos Lanceiros do Pantano de Vargas.

Os Lanceiros do Pantano de Vargas ou Monumento ós Lanceiros é un monumento erixido polo artista colombiano Rodrigo Arenas Betancur e deseño estrutural polo enxeñeiros Guillermo González Zuleta, localizado no departamento de Boyacá (Colombia) como homenaxe á batalla do Pantano de Vargas ocorrida o 25 de xullo de 1819.[1]

Considérase o monumento máis grande de Colombia e nel salienta a carga dos 14 lanceiros ó mando do Coronel Juan José Rondón. O monumento de 33 m de alto erixiuse con motivo dos 150 anos da independencia, en 1969. Foi declarado ben de interese cultural por medio do decreto 1744 do 1 de setembro de 1975.[2] A súa figura foi presentada no reverso dunha serie de billetes de 1.000 pesos colombianos lanzada ó mercado en 1987.[3]

NotasEditar

  1. "Pantano de Vargas - Monumento a los Catorce Lanceros". marzo de 2009. Consultado o 4 de agosto de 2010. 
  2. "El patrimonio cultural mueble en Colombia". Ministerio de Cultura. Consultado o 20 de maio de 2012. 
  3. "El logro de la autosuficiencia". Banco da República. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2007. Consultado o 20 de maio de 2012.