Abrir o menú principal

Lámnidos

(Redirixido desde "Lamnidae")

CaracterísticasEditar

Os lámnidos caracterízanse polo seu corpo fusiforme, moi hidrodinámico, fociño cónico, dentes separados á mesma distancia os uns dos outros, fendeduras branquiais longas, por teren a mesma forma característica da primeira aleta dorsal, a segunda aleta dorsal pequena e dun tamaño aproximado ao da anal.

Os dentes son triangulares e afiados, semellantes a unha daga e os ollos arredondados, de cor negra uniforme e sen membrana nictitante.

A cola presenta unha especie de "quilla" nos laterais, e o lóbulo inferior da aleta caudal é máis da metade de longo que o lóbulo superior.

O metabolismo interno está bastante desenvolvido, o que lles permite manter a temperatura corporal entre 10 e 18 °C, posibilitando asílo que estes tiburóns poidan vivir en augas temperado-frías (aínda que non en zonas realmente frías como as polares).

Son ovovivíparos.

DiversidadeEditar

Os lámnidos inclúen cinco especies viventes, englobadas en tres xéneros:

O xénero Isurus conta con dúas especies: o marraxo azul (Isurus oxyrinchus) e o marraxo azul pequeno (Isurus paucus).

O xénero Lamna con outras dúas: o marraxo propiamente dito (Lamna nasus) e marraxo do Pacífico (Lamna ditropis).

Finalmente, Carcharodon é o único xénero que conta cunha soa especie, o famoso tiburón branco (Carcharodon carcharias).

 
Debuxo dun marraxo (Lamna nasus).

Os lámnidos aparecen representados no rexistro fósil xa no cretáceo, e sempre foron superdepredadores doutros vertebrados mariños, alcanzando nalgúns casos dimensións realmente xigantescas como Cretoxyrhina (do cretáceo, 8 m) e sobre todo Carcharodon megalodon (ou Carcharocles megalodon) (do neóxeno, até 24 m). Na actualidade, o tiburón branco é o seu maior representante, con case 8 m de lonxitude máxima recoñecida cientificamente,[3] só superado entre os tiburóns actuais por animais filtradores, como o tiburón balea ou o tiburón peregrino.

NotasEditar

  1. Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2009): Lamnidae en FishBase. Versión xaneiro de 2009. (en inglés) Consultada o 25/11/2012.
  2. Froese e Pauly (2009, Op. cit.
  3. Carcharodon carcharias en FishBase. Versión 7 de xaneiro de 2012. (en inglés) Consultada o 25/11/2012.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar