Coordenadas: 44°30′05″N 88°03′44″O / 44.501388888889, -88.062222222222

Lambeau Field é un estadio de fútbol americano situado na cidade de Green Bay, Wisconsin (Estados Unidos). Inaugurado en 1957 co nome de City Stadium, é a sede dos Green Bay Packers da National Football League.

Lambeau Field
Datos
Localización Green Bay, Estados Unidos
AlcumeThe Frozen Tundra
Construción
Inauguración29 de setembro de 1957 (66 anos)
Renovación2001–2003, 2012–2015
ArquitectoSomerville Associates
Ellerbe Becket (renovación de 2003)
Estadio
SuperficieKentucky bluegrass
Capacidade81.435
Asist. máxima79.704 (11/01 de 2015)
Packers 26 - 21 Cowboys
PropietarioCidade de Green Bay
OperaradoraGreen Bay Packers
LocalíaGreen Bay Packers (1957– )

Historia editar

Despois das súas primeiras temporadas nos estadios Bellevue Park e Hagemeister Park, os Green Bay Packers utilizaron o City Stadium desde 1925 até 1956. É pois, nese estadio, onde os de Green Bay gañaron os seus primeiros seis títulos de campión da NFL. Nos anos 1950, un recinto con 25.000 asentos de madeira estaba consideraba anticuado, polo que a NFL ameazou con trasladar a franquía a Milwaukee a non ser que conseguisen un mellor estadio. A cidade respondeu construíndo un novo City Stadium con capacidade para 32.150 espectadores, sendo o primeiro estadio da historia construído exclusivamente para un equipo da NFL. O estadio foi inaugurado para a temporada 1957. Pouco tempo despois mudou o seu nome a Lambeau Field na honra de Curly Lambeau, o cal acababa de falecer.

Ampliado até en sete ocasións antes do fin da década de 1990, a capacidade do Lambeau Field acadara os 60.890 espectadores. En 2003 o estadio sufriu unha nova gran renovación co obxectivo de ampliar a capacidade, modernizar as instalacións e engadir un atrio. Porén, aínda coa nova capacidade de 72.928 espectadores, a demanda de entradas supera amplamente a oferta, xa que a franquía leva vendendo todas as entradas dispoñíbeis de forma consecutiva desde 1960. De feito, hai unha lista de agarda de 86.000 persoas para poder facer cun abono de temporada dos Packers.

Alén de Green Bay, os Packers teñen xogado partidos como local en Milwaukee desde 1933, incluíndo dous ou tres partidos por temporada no County Stadium desde 1953 até 1994. De feito, o County Stadium fora construído para promover a mudanza permanente dos Packers a Milwaukee. A franquía sempre traballou para facer medrar a súa base de seguidores en Milwaukee e arredores.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar