Lakshmibai, nada en Benarés o 19 de novembro de 1828[1]e finada en Gwalior o 18 de xuño de 1858, foi raíña consorte (rani) do estado de Jhansi e figura clave da rebelión india de 1857.

Infotaula de personaLakshmibai

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hi) लक्ष्मी बाई
(mr) lakshmi bai
(en) Manikarnika Tambe Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1828 Editar o valor em Wikidata
Varanasi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xuño de 1858 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Gwalior (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Queen of Jhansi (en) Traducir
21 de novembro de 1853 – 18 de xuño de 1858 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Maratha Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista , revolucionario , guerreira , loitador pola liberdade Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoRevolta dos Sipais (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRaxá Editar o valor em Wikidata
CónxuxeGangadhara Rao (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Tambe-14

Traxectoria editar

Lakshmibai naceu na capital do Estado de Benarés, seu pai era Moropant Tambe[2] e súa nai Bhagirathi Sapre e ámbolos dous eran maratís de Maharastra[3]. Ao nacer déronlle o nome de Manikarnika Tambe[4]. Seu pai traballaba para o antigo peshwa Baji Rao II que estaba desterrado en Bithur e súa nai morreulle cando Lakshmibai tiña catro anos. Educada na casa, sabía ler e escribir. En maio de 1842 casou co maraxá de Jhansi, Gangadhar Rao Newalkar[1] converténdose en rani de Jhansi, e en honra da deusa Lakshmi pasou a empregar o nome de Lakshmibai. En 1851 deu a luz un neno que recibiu o nome de Damodar porén morreu con catro meses. O día anterior á súa morte, en novembro de 1853, o maraxá adoptou o fillo dun primo, Anand Rao, que tomou o nome do herdeiro falecido. A adopción fíxose en presenza dun funcionario británico e cunha carta do maraxá que, ao ser o novo herdeiro menor de idade, transmitía o goberno de Jhansi á súa viúva.

 
Forte de Jhansi

Non obstante, Lord Dalhousie, gobernador xeral da India, rexeitou as pretensións ao trono de Damodar Rao ao ser adoptado e aplicou a denominada doutrina da caducidade, que supuña a anexión á Compañía Británica das Indias Orientais de calquera territorio indio gobernado por un soberano se morría sen un herdeiro varón[5]. En marzo de 1854 o gobernador xeral concedeulle unha pensión anual de 60 000 rupias e ordenoulle abandonar o palacio e o forte[2].

Rebelión de 1857 editar

O 10 de maio de 1857 estoupou a rebelión contra o dominio británico en Meerut e cando a noticia chegou a Jhansi, Lakshmibai pediulle ao oficial político británico, o capitán Alexander Skene, permiso para establecer un corpo de homes armados para a súa protección e Skene concordou[2]. A cidade permaneceu relativamente en calma no medio dunha rexión axitada ata que en xuño rebeldes do 12º Rexemento de Infantaría de Bengala tomaron o forte de Jhansi[2] tras capitular a gornición británica so a promesa de non recibir represalias. Non obstante, os rebeldes non cumpriron a súa promesa e mataron entre 40 e 60 oficiais británicos e mais ás súas familias. Non hai certeza da implicación da rani no masacre[6].

 
Retrato de man de Lakshmibai (1857)

As forzas rebeldes permaneceron catro días na cidade, e baixo ameaza de voar o palacio onde vivía a rani lograron que lle dese unha importante suma de diñeiro. Diante o baleiro de poder na cidade asumiu o goberno e escribiulle ao maior Erskine, comisionado da división de Sagar, para lle explicar o que acontecera[2]. Na súa contestación, do 2 de xullo, Ekskine demandoulle administrar o distrito para o goberno británico ata chegar á cidade un superintendente británico[2]. As forzas de Lakshmibai fixeron fronte ao intento do príncipe Sadashiv Rao, sobriño de Gangadhar Rao, para se facer co trono e tras capturalo quedou cativo.

Forzas dos estados de Orchha e Datia, aliados da Compañía, invadiron Jhansi coa intención de dividilo entre eles; a rani apelou ao gobernador xeral por axuda pero non obtivo contestación de modo que reuniu unha forza militar, con antigos feudatarios de Jhansi e elementos rebeldes, que derrotou os invasores en agosto de 1857. Así e todo, daquela aínda tiña intención de reter Jhansi en nome dos británicos[2].

 
Asalto británico a Jhansi

Jhansi, so o goberno de Lakshmibai, permaneceu en paz entre agosto de 1857 e xaneiro de 1858 e malia os británicos anunciaren o envío inmediato de tropas o certo é non chegou continxente ningún, o que reforzou a posición na corte dos partidarios da independencia do dominio británico. Cando as forzas británicas chegaron finalmente a cidade en marzo atopárona ben defendida e o forte preparado para rexeitar calquera ataque. O comandante das forzas británicas, Hugh Rose, esixiu a capitulación e de facer caso omiso procedería á destrución do cidade[2]. Logo de deliberar cos seus asesores, a rani proclamou que loitaría pola independencia[2]. Os británicos principiaron o asedio a Jhansi o 23 de marzo de 1858 e ao día seguinte bombardearon a cidade, os defensores contraatacaron con fogo intenso, repararon os danos nas defensas e pedíronlle axuda a Tatya Tope, un dos líderes da revolta de 1857[2] e persoalmente, con Rao Sahib, comandou un exércido de 20 000 homes que se dirixiu á cidade mais os británicos venceron no enfrontamento entre as dúas forzas o 31 de marzo e o 2 de abril catro columnas británicas asaltaron as defensas en diferentes puntos e intentaron escalar os muros, baixo un fogo moi vivo. Outras dúas columnas conseguiran penetrar na cidade con ordes de se dirixir ao palacio, atoparon unha dura resistencia nas rúas e en cada estancia do propio palacio. A loita na rúa continuou todo o día seguinte, sen tregua nin clemencia ningunha[2]. A rani retirouse do palacio ao forte e logo de oír os seus asesores decidiu que a resistencia na cidade era infrutuosa e mellor había ser marchar para se unir ás forzas de Tatya Tope ou de Rao Sahib[2].

 
Lugar onde, segundo a tradición, saltou a Rani de Jhansi para fuxir dos británicos.

A tradición afirma que Lakshmibai montou no seu cabalo Badal con Damodar Rao ás costas e saltou os muros da cidade; o que supuxo a morte do animal, quedando eles dous indemnes[7]. Sexa como for, a rani escapou co seu fillo pola noite, rodeada dunha garda armada[8]. En Kalpi uníronselle as forzas de Tatya Top[2] e ocuparon a cidade pero sufriron unha nova derrota a mans dos británicos e dirixíronse cara a Gwalior, ocuparon a cidade sen oposición e proclamaron a Nana Sahed como peshwa dun renacido dominio maratha. As forzas de Rose tomaron a localidade veciña de Moar o 16 de xuño e avanzaron con éxito en dirección a Gwalior. Ao día seguinte en Kotah-ki-Serai, preto do forte da cidade, un escuadrón do 8º Rexemento de húsares irlandeses baixo as ordes do capitán Heneage loitou contra unha gran forza india dirixida por Lakshmibai, que pretendía abandonar a zona, o que resultou no masacre de 5000 soldados indios[9]. Segundo un testemuño británico contemporáneo, foi nesta acción onde a rani quedou ferida de morte[10].

 
Estatua ecuestre de Lakshmibai en Solapur

Legado editar

A figura de Lakshmibai converteuse nun símbolo da loita pola independencia india, e así en moitas cidades indias hai estatuas ecuestres coa súa imaxe e a do seu fillo. Diversos poemas e canción patrióticas exaltan a súa figura, a composición máis importante é o poema en hindi Jhansi ki Rani (1930) da poeta Subhadra Kumari Chauhan e que se aprende nas escolas da India[11]. En marathi é popular unha balada que lle dedicou o poeta Bhaskar Ramchandra Tambe. Varios filmes e series de televisión céntranse tamén na súa figura.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Meyer, Karl E. & Brysac, Shareen Blair (1999) Tournament of Shadows. Washington, DC: Counterpoint; p. 138
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 Edwardes, Michael (1975) Red Year:The Indian Rebellion of 1857. London: Sphere Books, pp. 113–125
  3. "Race and Religions Uniting as in the Sepoy Uprising...". The Washington Times. 16 de abril de 1922. p. 5. 
  4. Allen Copsey (23 de setembro de 2005). "Lakshmibai, Rani of Jhansi – Early Life". Copsey-family.org. 
  5. Keay, John (2000). India: A History. Grove Press Books. p. 433. 
  6. David, Saul (2002) The Indian Mutiny 1857, London: Penguin, p. 368
  7. "Jhansi". Remarkable India. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2012. 
  8. Rainer Jerosch (2007). Rani of Jhansi, Rebel against will. Aakar Books. p. 206. 
  9. Gold, Claudia (2015). Women Who Ruled: History's 50 Most Remarkable Women. p. 253. 
  10. Allen Copsey. "Brigadier M W Smith Jun 25th 1858 to Gen. Hugh Rose". Copsey-family.org. 
  11. Singh, Harleen (2014). The Rani of Jhansi: Gender, History, and Fable in India. Cambridge University Press. p. 105.