Para buscar información sobre o río Lajta, véxase Río Leitha, o nome alemán deste curso de auga que comeza en Austria e desemboca no Danubio húngaro.

O lajta (pronunciado lallta), é un queixo húngaro, semifresco, de forma rectangular e producido con leite de vaca. Caracterízase por ter unha carapa laranxa e húmida, bastante grosa, e un interior de cor amarela pálida e cheo de buraquiños pequenos e irregulares, pero de perfil máis ou menos oval. Ten unha maduración de entre catro e seis semanas, e un contido de graxa do 50 por cento.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.