Coordenadas: 38°30′16″N 0°53′25″O / 38.50454580945, -0.89036207510149

A lagoa de Salinas é unha lagoa endorreica da provincia de Alacant, situada a uns 2 km da localidade de Salinas. Trátase dun lago de carácter salgado, que posúe unha conca superficial duns 90 km², na que desembocan os cursos fluviais das serras dos arredores, así como de diversos pozos.[1] A auga permanece alí debido ao carácter endorreico da conca, tal e como sucedía tamén na lagoa de Villena, uns quilómetro ao norte, desecada na actualidade.[2]

Lagoa de Salinas.

As súas dimensións son duns 1200 m de lonxitude por 800 de anchura.[3] O feito de estar saturada de sal inutilízaa para aproveitamento agrícola, aínda que de todos os xeitos na actualidade permanece case seca a maior parte do ano debido á falta de choivas existente na conca do Vinalopó,[3] así como tamén á sobreexplotación dos acuíferos.[1]

Historia editar

No Diccionario de Madoz aparece a seguinte descrición[4]:

[...] unha lagoa de auga salgada inmediata á poboación cara ao sueste, formada polas vertentes dos montes inmediatos e varios mananciais, ocupando sobre 4,000 tafullas de terra; se ben sufriu algunhas alteracións segundo os anos máis ou menos chuviosos, tendo chegado a ter en certas épocas unha hora de larga e 1/2 de ancho. As súas emanacións son causa das quenturas intermitentes que endemicamente padecen os habitantes de Salinas, cunha calamidade que se fixo sentir máis terriblemente en épocas de grande aumento de augas. Estes males que tanto aflixen á poboación poderían evitarse, se para o seu desaugue se abrira un conduto polo collado de Cámara situado ao sueste de dita lagoa, o cal ofrecería ademais a grande vantaxe de aproveitar as súas augas.

Os intentos de desecado remóntanse ao século XVIII, aínda que non se materializaron até a década de 1920. As obras comezadas, non obstante, quedaron sen finalizar e, non podendo dar uso agrícola á lagoa, optouse por instalar unha industria salineira, que estivo activa até a década de 1960. Desde entón a lagoa carece de utilización con fins económicos.[1] As ribeiras están cubertas de espesas formacións de xuncos, con especies como a tamargueira, a sempreviva azul ou o almaxo*. Entre a fauna destacan as aves: perdiz, miñato, gabián, aguiachos, avocetas, aguia perdiceira, flamengos, cegoñas, garzas etc. algunhas das cales aniñan con carácter sedentario.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Levante: El Mercantil Valenciano, ed. (1991). "VII. Humedales y áreas lacustres: Lagunas interiores". Atlas temático de la Comunidad Valenciana I. Alfredo Morales Gil (dir.). ISBN 84-87502-10-5. 
  2. Editorial Prensa Valenciana, ed. (2009). "Salinas". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Geografía. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Editorial Prensa Valenciana, ed. (2009). "Salinas, laguna de". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Geografía. 
  4. Madoz, Pascual (1849). "SALINAS". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) XIII. Madrid. p. 697.