Coordenadas: 5°46′05″N 73°07′04″O / 5.767982, -73.1178717

O lago Sochagota é un lago artificial do concello de Paipa, no departamento de Boyacá, Colombia. O lago Sochagota construíuse sobre unha zona húmida natural onde confluían as augas das crebadas Honda e El Salitre, así como as augas termomineralizadas que abrollan do sistema xeotérmico de Paipa. O lago forma parte do Distrito Rexional de Manexo Integrado –DRMI- do lago Sochagota, e conta cunha gran variedade de plantas, aves, peixes, insectos, réptiles e mamíferos nas súas inmediacións.

Lago Sochagota
Lago Sochagota

Historia editar

Aínda non se sabe a orixe da palabra Sochagota; xa que a palabra Socha figura no dicionario chibcha como "auga da lúa", Sochagota podería significar "pinga de auga da lúa". Cando en 1956 se fixo o lago artificial de Paipa, recubiu o nome de Sochagota. Outra posibilidade aínda que non fundamentada, é que o nome corresponde a un enxeñoso xogo de palabras relacionadas co anglicismo "such-a-gota" para referirse á considerable extensión do lago, mesturándoo simultaneamente con palabras en castelán. A idea de construír o lago foi de Emiro Fonseca Franky, en 1955 cando era gobernador Olivo Torres e coa axuda de Gustavo Rojas Pinilla.

Características editar

O lago ocupa unha superficie de 1,6 quilómetros, cun volume de auga almacenada de 4,5 millóns de metros cúbicos. É abastecido pola crebada El Salitre e outros afluentes menores localizados ao oeste do lago.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar