O lago Chungará, do aimará chunkara, que significa musgo na pedra, é un lago situado na provincia de Parinacota, Rexión de Arica e Parinacota, no extremo norte de Chile. É un dos máis altos do mundo con 4.570 metros sobre o nivel do mar. Atópase rodeado por diversos cumios nevados, como o conxunto dos nevados de Payachatas, composto polos volcáns Parinacota e Pomerape, o nevado Sajama e o Guallatiri.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar