Laetitia Casta

Modelo e actriz francesa

Laetitia Marie Laure Casta, nada en Pont-Audemer o 11 de maio de 1978[1] é unha actriz e modelo francesa. Casta converteuse na rapaza "GUESS?" de 1993 a acadou aínda máis fama como "Anxo" de Victoria's Secret dende 1998 até 2000 e como imaxe de L'Oreal. Apareceu en máis de 100 portadas de populares revistas como Cosmopolitan, Vogue, Rolling Stone, Elle e Glamour. Modelou para deseñadores como Yves Saint Laurent, Jean-Paul Gaultier, Chanel, Ralph Lauren, Tommy Hilfiger, J. Crew, Louis Vuitton, Givenchy, Roberto Cavalli, Lolita Lempicka e Vivienne Westwood. Casta tamén é actriz, e apareceu en filmes como Astérix et Obélix contre César, Gainsbourg (Vie heroique), Face e La Bicyclette bleue.

Laetitia Casta
CASTA Laetitia-24x30-2005b.jpg
Casta no 2005
Nome completoLaetitia Marie Laure Casta
Nacemento11 de maio de 1978 (41 anos)
LugarPont-Audemer, Flag of France.svg Francia
NacionalidadeFrancia
Cónxuxe(s)Louis Garrel (m. 10 de xuño de 2017)
FillosSahteene Sednaoui (19 de outubro de 2001)
Orlando Accorsi (21 de setembro de 2006)
Athena Accorsi (29 de agosto de 2009)
ProfesiónActriz e modelo
http://www.laetitia-casta.fr/
editar datos en Wikidata ]

En 2000 foi escollida como imaxe da Marianne, representación feminina da República francesa.[2][3][4]

NotasEditar

  1. FMD profile. Consultado o 4 de decembro de 2009.
  2. "Les visages de la République". En 20 minutes. 5 de xullo de 2013.
  3. "Marianne Laetitia Casta". Musées Nationaux Art Studios.
  4. "Laetitia Casta sera la Marianne de l’an 2000". En La Gazette. 7 de outubro de 1999.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar