Lady and the Tramp
Lady and the Tramp é un filme de animación de comedia musical romántico estadounidense do ano 1955 producido por Walt Disney e estreado o 22 de xuño de 1955. O décimo quinto filme na serie de clásicos animados de Disney, foi o primeiro en ser rodado no proceso CinemaScope.[2] Baseado en Happy Dan, The Whistling Dog de Ward Greene, Lady and the Tramp conta a historia dunha cadela da raza cocker spaniel americano chamada Lady que vive no fogar dunha familia rica, e un masculino can mestizo da rúa chamado Tramp. Cando os dous cans se atopan, eles embarcan moitas aventuras románticas. Unha secuela estreada en vídeo, Lady and the Tramp II: Scamp's Adventure, foi estreada no 2001.[3]
Lady and the Tramp | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lady and the Tramp |
Director | Clyde Geronimi Wilfred Jackson Hamilton Luske |
Produtor | Walt Disney |
Guión | Erdman Penner Joe Rinaldi Ralph Wright Don DaGradi |
Baseado en | Happy Dan, The Whistling Dog de Ward Greene |
Intérpretes | Peggy Lee Barbara Luddy Larry Roberts Verna Felton Bill Thompson Bill Baucom |
Música | Oliver Wallace |
Montaxe | Don Halliday |
Estudio | Walt Disney Productions |
Distribuidora | Buena Vista Distribution |
Estrea | 1955 |
Duración | 75 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | $4 000 000[1] |
Recadación | $93 602 326[1] |
Filme seguinte | Lady and the Tramp II: Scamp's Adventure |
Na rede | |
https://movies.disney.com/lady-and-the-tramp | |
Sinopse
editarLady é unha fermosa cadela de pura raza que vive feliz no seu fogar. Os seus donos mímana moito e ela corresponde moi leda ós seus coidados. Porén, o día no que os seus donos deciden facer unha viaxe, a vida de Lady vese alterada; a chegada da tía Sarah cos seus gatos non provoca máis que sobresaltos. Menos mal que coñece a Tramp, un can da rúa moi galán.
Personaxes
editar- Barbara Luddy como Lady
- Larry Roberts como Tramp
- Bill Thompson como Jock, Joe, Bulldog, Dachsie, Policeman
- Bill Baucom como Trusty
- Verna Felton como Tía Sarah
- George Givot como Tony
- Lee Millar como Jim Dear
- Peggy Lee como Darling, Si e Am, Peg
- Stan Freberg como castor
- Alan Reed como Boris
- Thurl Ravenscroft como Al o crocodilo
- Dallas McKennon como Toughy, Pedro, Profesor, Hiena
- The Mellomen como Coro de cans
Galardóns e nomeamentos
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Lady and the Tramp". Box Office Mojo. Consultado o 5 de xaneiro de 2012.
- ↑ Finch, Christopher (2004). "Chapter 8: Interruption and Innovations". The Art of Walt Disney. pp. 234–244. ISBN 0-8109-2702-0.
- ↑ "Lady and the Tramp II: Scamp's Adventure (Video 2001)". Internet Movie Database. Consultado o 2 de abril de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial (en inglés)
- Lady and the Tramp na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)