Red Queen

novela de Victoria Aveyard
(Redirección desde «La reina roja»)

Red Queen é o primeiro tomo dunha serie literaria co mesmo nome, escrito pola autora americana Victoria Aveyard.[1] Foi a primeira novela[2] e serie que escribiu e publicou, oficialmente o 10 de febreiro de 2015.[3] É un libro de fantasía e ficción enfocado a un público xuvenil e adulto. Con esta novela, a autora gañou o premio Goodreads Choice Award 2015 polo debut Goodreads Author e foi nomeada para o 2015 Goodreads Choice Award á mellor novela de fantasía e de ciencia e ficción.

La Reina Roja
Título orixinalRed Queen
Autor/aVictoria Aveyard
Ilustrador/aJohn Dismukes
CubertaSarah Nichole Kaufman
OrixeEstados Unidos de América
Linguainglés
Xénero(s)Fantasía e ficción
EditorialOcéano Gran Travesía
Data de pub.10 de febreiro de 2015
Páxinas472
Seguido porGlass Sword
TraduciónEnrique Mercado
editar datos en Wikidata ]

A serie está composta polos títulos: Red Queen, Glass Sword, King's Cage e War Storm.[4]

Sinopse editar

A historia transcorre nun mundo dividido entre persoas con sangue vermello, persoas normais consideradas inferiores, que viven na pobreza, e persoas plrteadas consideradas superiores, que teñen distintos poderes, e que gobernan o reino de Norte.

Mare Barrow é unha rapaza de sangue vermello que vive coa súa nai, o seu pai e a súa irmá. Ten tres irmáns: Bree, Tramy e Shade, que se atopan na fronte dunha guerra, xa que os rapeces ou rapazas de sangue vermella sen traballo son levados alí.

Mare adícase a roubar e ten claro que se non consegue un traballo pronto, levarana á fronte coma aos seus irmáns. O seu mellor amigo Kilorn traballaba de pescador, pero cando o botan do seu traballo e pretenden mandalo a guerra, Mare e Kilorn planean unha forma de escape, polo que contactan coa líder da chamada Garda Escarlata, Farley. Esta pídelles moitos cartos a cambio do escape de Kilorn, entón Mare disponse a roubar para conseguilos. Estaba roubando carteiras á xente que saía dun bar, cando un dos home se decatou. Este era o príncipe prateado, Cal Calore, quen en lugar de castigala lle ofreceu un traballo de servidume en palacio para protexela da guerra.

Durante a elección de raíñas, Mare, diante de todos os prateados, mostra que posúe poderes de electricidade ao ser unha rapaza de sangue vermello. Ela é capturada, pero o rei Tiberias, por medo a unha rebelión por parte das persoas con sangue vermello, decide enganar a todos dicindo que en realidade esta ten o sangue prateado. Deste xeito, explícase que teña poderes, e para mantela controlada decide que tería que casar co seu segundo fillo, Maven Calore. Mare dáse conta de que está namorada de Cal, o irmán do seu prometido e o futuro rei de Norta. Este, á súa vez, está prometido con Evangeline Samos pero namorado de Mare. Aínda así, pouco a pouco Mare comeza a collerlle cariño a Maven. Ademais Mare pide que os seus irmáns volvan da guerra e que non manden a Kilorn nin a súa irmá, pero cando os seus  irmáns regresan entérase de que Shade morreu. Entón ela ponse moi furiosa e únese á Garda Escarlata, á que tamén se une Maven a pesar de ser un prateado nunha revolución de vermellos. Ao estar xuntos nesta rebelión, ambos se senten máis unidos.

A Garda Escalata planea un atentado dentro do palacio, coa axuda de Mare e Maven que sae mal e rematan capturando a algúns membros da Garda Escarlata; Mare e Maven axúdanos a escapar. Julian, o tío de Cal Calore, encárgase de investigar os poderes de Mare e descobre que o sangue desta ten unha mutación xenética, habilitándoa con poderes de prateado, pero máis poderosa que ambos. Tamén descobre que existen máis coma ela, coma o seu irmán Shade, coñecendo así a razón pola que o mataron os prateados. Julian escribe unha lista con nomes de persoas con esta mesma mutación.

A Garda Escalata, planea infiltrarse na residencia do rei, na capital. Mare intenta convencer a Cal para que permita que a Garda Escarlata sobretome o Castelo, pero el, sentíndose traizoado por Mare, négase e arresta tanto a Mare como a Maven, levándoos ao castelo. Pero, unha vez en presenza da raíña Elara e o rei Tiberias, a primeira revela que ela e Maven manipularon a Mare todo o tempo  nun complot para outorgar a Maven o título de rei e asasinar a Cal. Elara entón usa o seu poder de control mental para obrigar a Cal a matar ao seu pai, pasando así el e Mare a ser traidores e permitindo que Maven se converta en rei.

Condenan a morte a Cai e a Mare, mais a Garda Escarlata rescátaos antes da súa execución. Mentres escapaban, Mare ve que Shade está vivo, que finxiu a súa morte, e ela xura vingarse e encontrar ao resto de sangue vermello con mutación da lista de Julian.

Personaxes editar

  • Mare Barrow: de 17 anos, é unha vermella que rouba para gaña-la vida. O descubrimento dos seus poderes sobrenaturais fai que moitos compitan pola súa lealdade. Ten poderes electrocinéticos que emprega para absorber ou liberar raios.
  • Tiberia "Cal" Calore: O fillo máis vello e herdeiro do rei Tiberias Calore VI a través da súa primeira esposa, Coriane Jacos. Aínda que está comprometido con Evangeline, está namorado de Mare, un feito que ela usa para promover os seus obxectivos na Garda Escarlata. El é un Queimador, o que significa que os seus poderes de Prata permítenlle manipular o lume. Non leva ben co mellor amigo de Mare, Kilorn.
  • Maven Calore: o segundo fillo do rei Tiberíades VI a través da súa segunda esposa, Elara Merandus, e por tanto o medio irmán de Cal. É tímido, pero o repentino compromiso de Mare con el faio abrirse. Do mesmo xeito que Cal e o seu pai, Maven ten a capacidade de controlar as chamas. Con todo, revélase que Maven é malvado, traizoando a Mare e a súa familia, volvendo aos Prateados contra eles unha vez que se converte en rei. Maven está profundamente celoso de Cal, en parte porque pensou que o seu irmán se gañou o corazón de Mare, como gañara o do seu pai. En contraste, Mare preferira a Maven sobre Cal.
  • Diana Farley: unha capitá da Garda Escarlata que os lidera nas campañas contra os Prateados.
  • Tiberias Calore VI: O actual rei de Norta que casou dúas veces, tendo dous fillos: Cal e Maven. Ten a capacidade de manipular o lume, que transmitiu aos seus dous fillos.
  • Elara Merandus: A misteriosa e sádica raíña actual de Norta e a nai de Maven. A Mare non lle gusta desde o comezo da súa reunión. É capaz de ler e manipular persoas coa habilidade coñecida como Whispering.
  • Julian Jacos: un bibliotecario real e irmán da defunta nai de Cal, Coriane, o que o converte no seu tío. É a última persoa coñecida que posúe o poder dun cantante: ser capaz de controlar ás persoas a través da súa voz.
  • Evangeline Samos: Unha nena altiva que se converteu na prometida de Cal despois de ser declarada a mellor das aspirantes a princesas. Gárdalle rancor a Mare, particularmente despois de que esta última a humillou tras gasta-la súa electrokinese e rexeitar-la súa manipulación magnética, un trazo da Casa Samos.
  • Kilorn Warren: o mellor amigo de Mare. É un aprendiz de pescador. Mare parece contenta de se converter na súa esposa, até que o seu compromiso con Maven sepáraos. O intento de evitarlle o servizo militar obrigatorio é o catalizador de gran parte da trama da novela. Non se leva ben con Cal.
  • Gisa Barrow: é a irmá máis nova de Mare, que traballa como aprendiz de costureira, até que por mor da súa man rota é despedida do traballo.
  • Lucas Samos:: primo de Evangeline que, como ela, ten o poder da manipulación magnética. É un dos poucos prateados cos que Mare faise amigo e confía con certeza.
  • Rane Arven:: O instrutor das elites de prata que ten a capacidade de negar os poderes doutras persoas, coñecido como Silencio.
  • Ptolemus Samos: o irmán máis vello de Evangeline. Como ela, el é un magnetrón, capaz de manipular metal.
  • Sara Skonos:: Unha amiga de Julian que traballa como enfermeira coa súa habilidade para curar persoas, coñecida como Skin Healing. Ela parece saber a verdade detrás da morte da nai de Cal, a raíña Coriane, e Elara castigouna mutilando a súa lingua, facéndoa calar.
  • Tristán: a leal man dereita de Farley na Garda Escarlata. Ptolemus Samos mátao cando é atrapado no ataque ao Salón.
  • Ann Walsh: Un membro da Garda Escarlata que ten aproximadamente a mesma idade que Mare. Ela traballa como serventa na habitación de Mare no Salón e dille a Mare a hora da reunión de medianoite coa Garda Escarlata. No ataque do Salón, ela é capturada pero escapa con Farley e Kilorn. Mentres se asegura de que Mare e os demais regresen ao Palacio do Lume Branco, ela é capturada e se suicida cunha pílula antes de que a raíña poida interrogala. As súas últimas palabras foron "Para Tristán".
  • Coriane Jacos: A defunta esposa de Tiberias Calore VI e irmá de Julián Jacos. Coriane era coñecida como a "Raíña Cantante" porque a casa dos Jacos eran cantantes. Á raíña Elara non lle gustaba que Coraine convertésese en raíña, polo que Elara asasinou a Coriane e tomou a coroa, matando a Tiberíades ao final do libro.
  • Os outros membros da familia de Mare: consisten nun pai canso da guerra, unha nai ama de casa e tres irmáns máis vellos: Bree rexo pero pouco perceptivo, Tramy sicofáxico e Shade delgado pero intelixente. Dos tres, Mare é a máis próxima a Shade, que é só un ano maior ca ela.

Crítica editar

A crítica, de xeito xeral, recibiu a novela con disparidade de opinións pois aínda que é divertida ou aditiva tamén é unha historia xa vista e que garda semellanzas con outras series. O xornal The Guardian deulle catro estrelas da súa clasificación e, aínda que a recomenda como lectura xuvenil e a cataloga de divertida, opina que non é de todo orixinal.[5] Brian Truitt de USA Today, escribiu sobre a novela que aínda que non é orixinal pois está chea de arquetipos ten a graza por incluír elementos de X-Men.[6] Por outra banda, Cassidy Anderson, de Grand Forks Herald, declarou: "En última instancia, este libro é esaxerado. Segue sendo unha lectura divertida a condición de que non se busque nada con moita profundidade ou significado".[7] Igualmente, o Christian Science Monitor describiu o libro como unha novela distópica que lembra a Hunger Games ou a aspectos de Insurgent de Victoria Roth.[8] Tamén Publishers Weekly atopou o mesmo paralelismo "Hai unha sensación inconfundible de dejá vu nesta primeira entrega da triloxía Red Queen, que comparte varios puntos de trama e similitudes coa serie Hunger Games ..."[9]

Adaptación cinematográfica editar

Gennifer Hutchison, guionista e produtora de Better Call Saul e Breaking Bad, foi contratada en 2015 por Universal Pictures para adaptar a novela a unha longametraxe. A directora de Pitch Perfect 2, Elizabeth Banks, estaba en conversas co estudo para dirixir e producir o proxecto.[10]

Outros libros da serie editar

  • Glass Sword (2016)
  • King's Cage (2017)
  • War Storm (2018)

Notas editar

  1. Seager, Charlotte (3-7-2015). "What should I read next?". theguardian.com (en inglés). Consultado o 30-11-2019. 
  2. Truitt, Brian (4-3-2015). ""Red Queen" is familiar fantasy fare". usatoday.com (en castelán). Consultado o 30-11-2019. 
  3. "6 Awesome YA Books Coming In February". huffpost.com (en inglés). 6-12-2017. Consultado o 30-11-2019. 
  4. Heldman, Breanne L. (7-7-2015). ""Red Queen": Exclusive Sequel Cover Reveal and Movie News". yahoo.com (en inglés). Consultado o 30-11-2019. 
  5. W., Emily (2 de setembro de 2015). "Red Queen by Victoria Aveyard – review". theguardian.com (en inglés). Consultado o 1-12-2019. 
  6. Truitt, Brian (4 de marzo de 2015). "'Red Queen' is familiar fantasy fare". usatoday.com (en inglés). Consultado o 1-12-2019. 
  7. Anderson, Cassidy (19 de xullo de 2015). "BOOK REVIEW: Victoria Aveyard's 'Red Queen' an underwhelming read". grandforksherald.com (en inglés). Consultado o 1-12-2019. 
  8. Driscoll, Molly (27 de febreiro de 2015). "'Red Queen' sells well – but is it different enough from other YA dystopian fare?". csmonitor.com (en inglés). Consultado o 1-12-2019. 
  9. Townsend, Suzie (Febreiro de 2015). "Red Queen". publishersweekly.com (en inglés). Consultado o 1-12-2019. 
  10. Fleming Jr., Mike (11 de xuño de 2015). ""Pitch Perfect 2" Helmer Elizabeth Banks Circles ‘Red Queen’ To Direct". deadline.com (en inglés). Consultado o 1-12-2019.