A illa das mentiras

filme de 2020 dirixido por Paula Cons
(Redirección desde «La isla de las mentiras»)

A illa das mentiras (en castelán: La isla de las mentiras) é un filme español de 2020 dirixido pola galega Paula Cons, con guión da propia Paula Cons e Luis Marías, e protagonizada por Nerea Barros, Victoria Teijeiro, Ana Oca, Aitor Luna e Darío Grandinetti. Conta a historia ficcionada das Heroínas de Sálvora, tres mozas que arriscaron a súa vida para salvar os sobreviventes do naufraxio do Santa Isabel na Illa de Sálvora.

A illa das mentiras
Ficha técnica
Título orixinalLa isla de las mentiras
DirectorPaula Cons
ProdutorVictoria Aizenstat
Mauro Guevara
Luis Maras
Juan de Dios Serrano
GuiónPaula Cons
Luis Marías
IntérpretesNerea Barros
Aitor Luna
Darío Grandinetti
Victoria Teijeiro
Ana Oca
María Costas
Milo Taboada
FotografíaAitor Mantxola
MontaxeJulia Juaniz
EstudioCoproducción España-Argentina
Agallas Films
Aleph Cine
Euskal Telebista
Historias del Tío Luis
INCAA
ICAA
Ibermedia
Televisión Española (TVE)
Televisión de Galicia (TVG)
Estrea2020
Duración93 minutos
OrixeEspaña España
XéneroSuspense
Na rede
IMDB: tt9843470 Filmaffinity: 687337 Editar o valor em Wikidata

Estreouse nos cinemas dobrada en galego.[1] A dirección de dobraxe foi realizada por Charo Pena e a tradución por Margarita Díaz.

Argumento editar

Durante a madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor Santa Isabel que se dirixía a Buenos Aires afúndese fronte á costa da Illa de Sálvora na ría de Arousa, Galicia. Nesa noite non había homes na illa, xa que estaban a celebrar o Nadal en terra firme. Tres mozas da illa arriscan a súa vida para salvar aos sobreviventes: María (Nerea Barros) impulsiva e adiantada ao seu tempo, Josefa (Vitoria Teijeiro) un pouco tópico da muller galega, calada e máis prudente e Cipriana (Ana Oca) case unha nena que quere saír da illa para coñecer o mundo real. Remando só de ouvido pola espesa néboa e a noite pechada logran salvar a 48 persoas.[2]

Un xornalista arxentino, León (Dario Grandinetti) chega á illa para cubrir a noticia e investigar o caso. Co transfondo das loitas sociais, aos poucos o xornalista descobre que nada é o que parece e que hai numerosas incógnitas por resolver.

Elenco editar

Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.
Voz da dobraxe galega de Marián Muíño González.
Voz da dobraxe galega de Luís Iglesia.
Voz da dobraxe galega de Antonio Rubal.

O resto de actores dobráronse a si mesmos na versión en galego do filme.[1]

Produción editar

A película foi rodada na illa de Sálvora, onde ocorreu realmente o naufraxio do Santa Isabel, no Grove e Muros[3] e retrata especialmente a sociedade de principios do século XX en España a través da historia ficionada de tres mulleres, Cipriana Oujo Maneiro, Josefa Parada e María Fernández Oujo de 24, 16 e 14 anos respectivamente que vivían na illa e que se saíron da norma establecida para levar a cabo un acto heroico polo que primeiro foron aplaudidas e homenaxeadas, para despois ser vilipendiadas e finalmente esquecidas.[2][4]

É unha coprodución da produtora galega Agallas Films, a vasca Historias do Tío Luís, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa. Cun orzamento de 1,5 millóns de euros conta coa participación ademais de TVG, RTVE e ETB.​[5]

Por mor da pandemia do coronavirus a película foi estreada na plataforma española Filmin[6] e foi a película máis vista durante a primeira semana da súa estrea.[7]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar