La de aceiro
A la de aceiro é un material biodegradábel constituído por un conxunto de fibras de aceiro moi finas e entrelazadas, usado no traballo de acabado e puído de obxectos de madeira ou metal, como tamén para labores de limpeza.
Características
editarProducida a partir de arames de aceiro con baixa concentración de carbono[1], é vendida comercialmente con forma de esponxas.
A la de aceiro presenta diversos graos de aspereza[2] e a súa espesura varía de acordo co grao de axuste das láminas de corte do aceiro.
Notas
editar- ↑ Assolan revoluciona o mercado de la de aceiro Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. AdNews.(en portugués)
- ↑ Steel Wool HowStuffWorks.(en inglés)