La casa de la Troya (filme de 1925)
La Casa de la Troya é un filme mudo español rodado en Galicia en 1924 e estreado o 28 de xaneiro de 1925 no Teatro de la Zarzuela de Madrid.[2] A película baséase na novela homónima de Alejandro Pérez Lugín que foi un auténtico éxito de vendas desde a súa publicación en 1915. Lugín foi a alma do filme, foi o produtor por medio de Troya Film, e xunto a Manuel Noriega o guionista e o director.
La Casa de la Troya | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Alejandro Pérez Lugín e Manuel Noriega[1] |
Produtor | Troya Film |
Guión | Alejandro Pérez Lugín e Manuel Noriega |
Baseado en | La Casa de la Troya (novela) de Alejandro Pérez Lugín |
Intérpretes | Carmen Viance, Clotilde Romero, Luis Peña, Pedro Elviro, Florián Rey e Juan de Orduña |
Fotografía | José Gaspar, Agustín Macasoli [1] |
Estrea | 1925 |
Duración | 180 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Comedia, cine mudo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Descrición
editarO filme rodouse no mes de agosto de 1924 na Coruña, Santiago de Compostela, Os Ánxeles (Brión), Betanzos, Pontedeume, Sada, Vigo e Combarro. Cun orzamento inicial de 300.000 pesetas converteuse na produción máis cara do cinema español daquela.[3] Os protagonistas foron Carmen Viance, Clotilde Romero, Luis Peña, Pedro Elviro, Florián Rey e Juan de Orduña. O filme foi un éxito de público en España, chegando a se estrear nos Estados Unidos co título de College Boarding House.
Consiste nun total de trece rolos e dura 3 horas; no ano 2005 o Centro Galego de Artes da Imaxe e a Filmoteca Nacional restaurárono.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ficha da película en FilmAffinity.
- ↑ "La casa de la Troya · España 1925" Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
- ↑ "El filme siguió el éxito del que gozó la novela". La Voz de Galicia (en castelán). 21/11/2001.
Véxase tamén
editarLa casa de la Troya. 1925 |
Bibliografía
editar- Castro de Paz, José Luis, ed. (1996). Historia do cine en Galicia. Vía Láctea Editorial. p. 84-88. ISBN 84-89444-22-6.
- González López, Palmira e Cánovas Belchí, Joaquín, La casa de la Troya (1925), en Catálogo del cine español. Películas de ficción, 1921-1930, Madrid, Filmoteca Española, 1993, pp. 42.
- López, Yolanda (2000). "Santiago de Compostela en el cine: las adaptaciones cinematográficas de La Casa de la Troya". Galicia-Cuba: un patrimonio cultural de referencias y confluencias (en castelán). do Castro. pp. 243–252. ISBN 84-7492-973-3.
- Vaquero Argelés, María (2015). "La Casa de la Troya. Una visión de Galicia en papel y en nitrato". Madrygal (en castelán) (18): 591–602. ISSN 1138-9664.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Versións cinematográficas Museo Casa da Troya.
- "Cuando en 1924 se rodó en Santiago la película ‘La Casa de la Troya’, dirigida por Pérez Lugín". El Correo Gallego (en castelán). 21/3/2021.