La Voz de Celanova
La Voz de Celanova foi un semanario editado en Celanova entre 1909 e 1911.
La Voz de Celanova | |
---|---|
Localidade | Celanova |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Semanario defensor de los intereses morales y materiales del distrito, apareceu en decembro de 1909. De ideoloxía católica, foron os seus directores Emilio Míguez e Manuel Casais Estévez. O administrador era Luis Meleire. Entre os seus colaboradores figurou Eduardo Merino. Cesou a súa publicación en agosto de 1911.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. p. 153. ISBN 84-505-5721-6.
- "Voz de Celanova, La" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.