La Virgen del Camino

Coordenadas: 42°34′52″N 5°38′24″O / 42.58111, -5.64000 La Virgen del Camino é unha localidade do municipio de Valverde de la Virgen, na provincia de León. Atópase xunto ao arroio do Valle de la Virgen, a 920 metros de altitude. Debe o seu nome á aparición da Virxe do Camiño en 1505.

Nesta localidade atópanse o Aeroporto de León e o Aeródromo Militar de León, coa Academia Básica do Aire (Escola de Formación de Suboficiais do Exército do Aire).

A súa poboación é de 5.036 habitantes en (INE, 2021). A localidade está moi próxima á cidade de León, da que forma parte da súa alfoz.

Véxase tamén editar