La Victoria de Acentejo
Coordenadas: 28°26′05″N 16°28′05″O / 28.43472, -16.46806
La Victoria de Acentejo é un concello español situado no norte da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias.
Limita ao norte co océano Atlántico, ao leste con La Matanza de Acentejo, ao oeste con Santa Úrsula e ao sur con Candelaria. A altitude máxima do concello acádase no Lomo Custodio, de 1.755 metros. A capital municipal atópase a 385 metros sobre o nivel do mar.
Tiña en 2016 unha poboación de 9.026 habitantes, agrupados nas entidades de Los Altos-Arroyos, Bajos y Tagoro, La Resbala, La Vera-Carril e La Victoria de Acentejo.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Victoria de Acentejo |