La Torrassa é un barrio de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona, que forma parte do Distrito II da cidade xunto con Collblanc. Limita cos barrios de Santa Eulàlia e Sant Josep polo sur, con Collblanc polo norte, e con La Florida polo oeste.

Modelo:Xeografía políticaLa Torrassa
Imaxe

Localización
Mapa
 41°22′11″N 2°07′18″L / 41.36979, 2.12168Coordenadas: 41°22′11″N 2°07′18″L / 41.36979, 2.12168
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloL'Hospitalet de Llobregat Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie44 ha Editar o valor em Wikidata

Barrios de L'Hospitalet

O barrio debe o seu nome ao castelo de Bellvís, unha torre de observación ou defensa dunha casa, que foi residencia do Barón de Maldà. Nas súas orixes, e polo tanto ao longo da súa historia, foi un núcleo vinculado a Collblanc. Hoxe, a praza Espanyola e o novo parque da Torrassa son o corazón deste barrio, e é onde se articula a festa maior ao principio de cada verán.

Ten unha extensión de 0,46 km² e tiña en 2010 unha poboación de 25.147 habitantes, sendo a súa densidade de 57.596 hab/km².

Transporte público editar

Dispón de liñas de autobuses urbanos e interurbanos e dispón dunha estación do metro de Barcelona da liña 1 chamada Torrassa. O barrio verá ampliados os seus destinos posibles desde esta estación, cando entre en funcionamento o intercambiador coa liña 9 do metro e con Rodalies Barcelona, onde pararán trens das liñas de Martorell e Vilanova i la Geltrú.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar