La Tierra foi un periódico publicado en Madrid entre 1930 e 1935, dirixido por Salvador Cánovas Cervantes.

Historia e características editar

Foi fundado polo historiador, político e xornalista Salvador Cánovas e o avogado José Gallo de Renovales. Subtitulouse Economía—Agricultura—Política debido a que nos seus inicios, segundo o historiador Enric Ucelay-Da Cal, pretendía ser voceiro da Confederación Nacional Católico-Agraria[1], coa que Gallo simpatizaba. Tras uns inicios ideoloxicamente indecisos, pasou a mostrarse abertamente antimonárquico e prorepublicano, ata o punto de ser considerado unha das cabeceiras que propiciaron a chegada da Segunda República Española, e acabou manifestando unha tendencia filoanarquista ao abandonar Gallo o proxecto.

Publicou o seu primeiro número o 16 de decembro de 1930[2] e o derradeiro o 8 de xuño de 1935[3].

Notas editar

  1. Toll, Gil (7-6-2016). "Cuando la derecha apoyó al diario anarquista La Tierra contra la República". Heraldo de Madrid (en castelán) (Madrid). 
  2. (Barona 2001, p. 191)
  3. (Barona 2001, p. 192)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar