La Pola Llaviana

Coordenadas: 43°13′55″N 5°32′52″O / 43.23194, -5.54778

Casa da vila

La Pola Llaviana (en castelán e cooficialmente: Pola de Laviana) é a parroquia máis poboada do concello de Llaviana, en Asturias, e un lugar da devandita parroquia, situada no val do Nalón.

O lugar de La Pola Llaviana é a capital do concello, está situado a unha altitude de 290 m e atópase unha distancia de 33 km de Oviedo, a capital do Principado.

A extensión da parroquia é de 9,8 km² e a súa poboación era de 9.106 habitantes en 2011.