Abrir o menú principal

María Calvo Nodarse, coñecida como La Macorina, nada en Guanajay en 1892 e finada na Habana o 15 de xuño de 1977, foi a primeira muller chofer da capital cubana, así como a primeira muller que tivo licenza para conducir a principios do século XX.

La Macorina
Nacemento1892
 Guanajay
Falecemento15 de xuño de 1977
 A Habana
NacionalidadeCuba
Ocupaciónprostituta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Da súa infancia non se coñece moitos datos, só se sabe con exactitude que aos 15 anos fuxiu da súa casa en dirección á Habana en compaña do seu mozo, e único amor, e que máis tarde, froito dunha mala situación financeira, entrou a traballar como prostituta.

O nacemento de La MacorinaEditar

A audacia e beleza que posuía esta muller fixérona penetrarse nos círculos máis selectos da sociedade cubana da época; non foi unha prostituta no sentido indiscriminado que leva esta profesión, nin tampouco traballou nun bordel, senón que se prostituía selectivamente. E comezou a súa carreira rápida cara á opulencia, segundo declarou nunha entrevista que lle fixo Guillermo Villarronda para a revista Bohemia o 26 de outubro de 1958:

Máis dunha ducia de homes permanecían rendidos aos meus pés, fartos de diñeiro, suplicantes de amor.

Foi amiga de ricos habaneiros dedicados á política e os negocios, entre eles José Miguel Gómez (coñecido popularmente como "Tiburón").

Decadencia e morteEditar

Aos poucas, como resultado dunha época económica mala para ela e para o país en xeral, foi vendendo todas as súas pertenzas, dende xoias até casas e coches. La Macorina acabou na máis absoluta pobreza, vivindo nun cuarto alugado nunha casa familiar habanera. Morreu case na miseria.

Personaxe de LendaEditar

Foi tan popular La Macorina que non só ten na súa honra dúas composicións musicais e unha pintura de Cundo Bermúdez, senón que foi inmortalizada nas charangas de Bejucal. Sobre ela escribiu o asturiano Alfonso Camín o seu soado poema "Macorina" que a cantante mexicana Chavela Vargas transformou nunha das cancións máis coñecidas da súa carreira.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar