La Higuera é unha pequena localidade situada ao sur da provincia Vallegrande no departamento de Santa Cruz en Bolivia.

Modelo:Xeografía políticaLa Higuera
Imaxe

Localización
Mapa
 18°47′42″S 64°12′05″O / -18.795, -64.2014Coordenadas: 18°47′42″S 64°12′05″O / -18.795, -64.2014
EstadoBolivia
DepartamentosDepartamento de Santa Cruz
ProvinciaProvincia Vallegrande Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación119 (2001) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude2.160 m Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

La Higuera (a figueira) debe o seu nome á abundante existencia, en épocas pasadas, da árbore do mesmo nome, cuxo froito é o figo.

Xeografía editar

Atópase nos Andes a unha altura de 2.160 metros.

Historia editar

A localidade é coñecida por ser o lugar onde, o 9 de outubro de 1967, o sarxento do exército boliviano Mario Terán​​ executou na escola o Che Guevara,​[1][2] líder do Exército de Liberación Nacional de Bolivia (Guerrilla de Ñancahuazú), e ao seu compañeiro de armas Simeón Willy Cuba-Sanabria, despois da batalla da "quebrada" do Yuro, cando foi ferido e apresado, disolvéndose así o grupo tras dous anos de enfrontamento.

Na escola onde foi executado funciona na actualidade un museo na súa memoria. Por toda a vila hai inscricións, monumentos e homenaxes ao guerrilleiro arxentino-cubano.[3]

O 9 de outubro de 2016 realizouse en La Higuera unha homenaxe ao Che na que participaron dous centos de persoas, entre elas o ministro de Cultura de Cuba, Abel Nieto.[2]

Notas editar

  1. "Las nuevas revelaciones detrás de la muerte del Che Guevara" (en castelán). 24 de novembro de 2014. Consultado o 9 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "El "Che" Guevara homenajeado en La Higuera, donde fue ejecutado hace 49 años". La Vanguardia (en castelán). 9 de outubro de 2016. Consultado o 9 de outubro de 2020. 
  3. "Valle Grande y La Higuera" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2020.