La Crónica del Trabajo

La Crónica del Trabajo foi unha revista editada en Santiago de Compostela en 1901 e 1902.

Historia e características editar

Subtitulada Revista Agrícola, Industrial y Social, apareceu en 1901. Estaba dirixida por Leopoldo Salgués. Entre os seus colaboradores figurou Bartolomé Calderón. Cambiou por dúas veces o subtítulo, pero seguiu acollendo temas relacionados co mundo da economía, especialmente da agricultura.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.