La 7 (Castela e León)
La 7 é a primeira canle autonómica de Castela e León, propiedade do ente privado Castilla y León Televisión, sociedade adxudicataria da explotación das dúas canles de TDT na comunidade.
La 7 | |
---|---|
Inicio das emisións | 9 de marzo de 2009 |
Propiedade de | Castilla y León Televisión |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Castela e León |
Canle que substitúe | Televisión Castilla y León Canal 4 Castilla y León |
Canle/s irmá(s) | La 8 |
Na rede
| |
cyltv.es |
Ademais desta cadea, Castilla y León Televisión conta cunha segunda canle, La 8, con contidos de carácter máis provincial e local, para o que leva a cabo desconexións de ámbito territorial.
Historia e características
editarIniciou as súas emisións regulares o 9 de marzo de 2009, tanto en analóxico como en dixital. A súa programación, idéntica para as nove provincias da comunidade e de carácter xeralista, ten como un dos seus eixos básicos a información, non só de ámbito autonómico, senón tamén nacional e internacional. Para iso, ademais da súa sede central, situada en Valladolid, dispón de centros de produción territorial nas outras oito capitais de provincia, así como en Ponferrada, e unha delegación en Madrid.
Chamouse CyL7 ou La Siete de Castilla y León Televisión dende a súa creación ata o 4 de setembro de 2011.