LILO

xestor de arrinque

Lilo ("Linux Loader") é un xestor de arranque de Linux que permite iniciar este sistema operativo xunto con outras plataformas no mesmo ordenador. Foi desenvolvido inicialmente por Werner Almesberger, actualmente está a cargo de John Coffman.

Pantalla estándar de LILO.

LILO funciona nunha variedade de sistemas de arquivos e pode arrancar un sistema operativo dende o disco duro ou desde un disco flexible externo. Permite seleccionar entre 16 imaxes no arranque, e pode instalarse tamén no master boot record (MBR).

O iniciar o sistema LILO soamente pode acceder aos drivers da BIOS para acceder o disco duro. Por esta razón nas BIOS antigas a área de acceso está limitada aos cilindros numerados de 0 a 1023 dos dous primeiros discos duros. En BIOS posteriores LILO pode utilizar sistemas de acceso de 32 bits permitíndolle acceder a toda a área do disco duro.

Nas primeiras distribucións de Linux LILO era o xestor de facto utilizado para arrancar o sistema. Na actualidade é unha segunda opción en favor do xestor de arranque GRUB.

lilo.conf editar

O arquivo "lilo.conf" adoita localizarse en /etc/lilo.conf. Dentro de lilo.conf pódese atopar dúas seccións. A primeira sección, que define opcións globais, contén parámetros que especifican atributos sobre a localización do cargador. A segunda contén parámetros asociados as imaxes do sistema operativo que van ser cargadas.

A información específica sobre a súa definición pódese atopar na páxina do manual de lilo.confArquivado 25 de setembro de 2008 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar