Lutz Ilisch

numismático e arabista alemán
(Redirección desde «L. Ilisch»)


Lutz Ilisch, nado en 1950 en Billerbeck, Renania do Norte-Westfalia, é un numismático alemán especialista na moeda medieval do mundo islámico.[1]

Infotaula de personaLutz Ilisch
Biografía
Nacemento1950.
Billerbeck, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
Educación Universidade de Münster.
Coñecido porMoeda medieval do mundo islámico.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónarabista , numismático Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
- (1979): Medalla da RNS.
- (1995): Premio Samir Shamma (RNS).

É o irmán máis novo do tamén numismático e historiador Peter Ilisch.

Traxectoria editar

Logo da súa educación secundaria en Münster, Ilisch cursou Estudos Árabes, Prehistoria e Historia Temperá, así como Ciencias Auxiliares da Historia (especialidade de Numismática) na Universidade de Münster. En 1979 graduouse e recibiu o título de Magister Artium, cunha tese sobre moedas de ofrenda no mundo islámico. Finalmente, en 1985 acadou o seu doutoramento cunha tese sobre a historia do goberno dos artúquidas de Mardin entre mamelucos e mongois, de 1260 a 1410.[1][2]

Como alumno de Peter Berghaus, participou temporalmente no desenvolvemento do proxecto Corpus Nummorum Saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt, de catalogación dos tesouros de época viquinga en Suecia, que contiñan importantes cantidades de moedas procedentes do mundo islámico.[1]

Logo da súa graduación, IIlisch tivo contacto coa numismática desde o punto de vista comercial. En 1979 e 1980 colaborou co comerciante de moedas Holger Dombrowski e a partir de 1985 traballou na compañía Münzen und Medalen AG, en Basilea.[1]

Nesa época compaxinou o traballo no sector privado coa docencia na Universidade de Basilea, en Suíza, e na Universidade de Friburgo, en Alemaña.[1]

Posteriormente Ilisch ingresou como profesor de Numismática e de Estudos Islámicos na Universidade de Tubinga. Alí fundou o Centro de Investigación de Numismática Islámica, que dirixiu entre 1990 e 2018.[3] Co apoio económico da Volkswagen Foundation, a universidade adquiriu en 1990 a colección completa de moeda islámica do estadounidense Stephen Album, con arredor de 30.000 exemplares. Baixo a dirección de Ilisch, a colección de moeda islámica instalouse no museo da universidade e foise incrementando ata se converter nunha das máis importantes do mundo no seu xénero, con arredor de 65.000 pezas.[4][5] Esta colección foi publicada dentro da serie Sylloge Numorum Arabicorum Tübingen; os volumes dedicados ás moedas de Palestina e ás de Gazna/Cabul foron galardoados co premio á mellor publicación do ano tanto pola Royal Numismatic Society, de Londres, como pola American Numismatic Society, de Nova York.[1]

Ilisch foi tamén asesor de numismática islámica na Comisión de Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.[1]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

  • (1985). Die Geschichte der Artuqidenherrschaft von Mardin zwischen Mamluken und Mongolen 1260-1410 AD. Universität, Münster.
  • (1993). Palästina IVa. Bilad aš-Šam I (Sylloge Numorum Arabicorum Tubingen). Ernst Wasmuth, Tubinga. ISBN 3-8030-1100-0
  • (2003). Dirham und Rappenpfennig: Mittelalterliche Münzprägung in Bergbauregionen (con S. Lorenz, W. B. Stern e H. Steuer). Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-3086-4
  • (2005). Die mittelalterlichen Fundmünzen, Siegel und Gewichte von Santueri, Mallorca. Münzgalerie München. ISBN 978-3926195029
  • (2004). Dirham und Rappenpfennig 2: Mittelalterliche Münzprägung in Südwestdeutschland (con S. Lorenz, W. B. Stern e H. Steuer).Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-3299-9
  • (2015). Die Münzstätte Damaskus, von den Umayyaden bis zu den Mongolen (Sylloge Numorum Arabicorum Tubingen). Ernst Wasmuth, Tubinga. ISBN 9783803011046

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Ilisch, Lutz". En Coins Weekly. 16 de novembro de 2016.
  2. Véxase (1985) en "Bibliografía".
  3. "Forschungsstelle für islamische Numismatik Tübingen (FINT)". uni-tuebingen.de (en alemán). Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  4. Kampmann, Ursula (8 de xullo de 2015). "Luts Ilisch celebrates his 65th birthday". coinsweekly.com (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  5. "Münzsammlung der Islamischen Numismatik Arquivado 18 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Universitätssammlungen in Detschland.
  6. "The Samir Shamma Prize for Islamic Numismatics". numismatics.org.uk (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  7. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar