Lūcija Ločmele

Lūcija Ločmele, nada en Cēsis en 1951, é unha directora de cine letoa.

Lūcija Ločmele
Información persoal
Nacionalidade Letonia Letonia
Data de nacemento 24 de agosto de 1951 (69 anos)
Lugar de nacemento Cēsis, República Socialista Soviética de Letonia
Filmografía
Películas dirixidas 4
Películas guionizadas 1
Películas producidas
Premios A mellor película e mellor director no festival "Great Kristaps" por "Saulessvece"(1986) e mellor dirección de banda sonora no International Cinema and Women Film Festival de Florencia por "Svešais" (1990)

Ficha en IMDb

TraxectoriaEditar

Lūcija Ločmele gradúase na Escola Secundaria de Riga en Artes Aplicadas no ano 1970 e pola Facultade de Cine e Televisión na especialización en Dirección dentro do Instituto dos Estados da Unión para a Cinematografía no ano 1980. Traballou como figurino no Teatro Estatal para a Ópera de Riga. Tomou parte no movemento teatral amateur liderado por Robert Liger, autodenominado "Riga Pantonite". Traballou no Riga Film Studio. En 1991, deixa o Film Studio por unha nova posición na televisión onde dirixe historias curtas e episodios de seriais. O seu traballo como directora de longametraxes data de 1983. No ano 1986 recibe o premio a mellor director e a mellor filme no prestixioso festival letón Great Kristaps pola súa película "Saulessvece", conformando o récord de obtención deste premio co maior número de competidores da historia do festival, un total de 27 nominacións acadaron a fase final aquel ano[1]. Desde o 1992 a 1996 forma parte da dirección da canle letoa TV 4. É membro da Unión de Cineastas desde 1989 e membro do club de Directores de Cine de Riga.[2]

O problema do alcolismo ou a adolescencia son temas preponderantes no seu cinema.

FilmografíaEditar

LongametraxesEditar

  • 1981 — "Rudais terorists" — dirección e guión
  • 1983 — "Laika prognoze augustam" — dirección
  • 1986 — "Saulessvece" — dirección
  • 1988 — "Svešais" — dirección

Véxase taménEditar

  1. Lūcija Ločmele(en inglés)
  2. Lūcija Ločmele(en letón)