Existen cinco lúas coñecidas do planeta anano Plutón. A lúa mais grande de Plutón é Caronte; Caronte, de tódolos satélites do sistema solar é a lúa mais grande en comparación co seu planeta hospede, non existe ningunha outra lúa dun tamaño tan próximo ao do planeta orbitado, producíndose o efecto de planeta duplo, o outro sistema "satélite-planeta" que ten un efecto semellante ao de Plutón e Caronte é o da Terra e a Lúa. O sistema Terra-Lúa ocupa o segundo posto (nas proporcións planeta-lúa) despois do sistema duplo Plutón-Caronte.

Plutón e as cinco lúas: Caronte, Hydra, Nix, Cérbero, e Estixia o 7 de xullo de 2012. Crédito: NASA.
Imaxes de 2005 do Telescopio Hubble localizando a Hydra e Nix.

Hydra, Nix, Cérbero, xunto con Estixia son os outros catro satélites de Plutón, e son mais pequenos que Caronte. Hydra e Nix foron localizados nas imaxes obtidas polo Telescopio Espacial Hubble os días 15 e 18 de maio do ano 2005.Cérbero foi descuberta no 2011, polo telescopio Hubble, a derradeira lúa Estixia, descuberta tamén telescopio Hubble en nove conxuntos separados de imaxes tomadas pola Cámara de Gran Angular 3 do Hubble, os días 26, 27 e 29 de xuño de 2012 e 7 e 9 de xullo de 2012. Segundo a nota de prensa o satélite ten unha orbita coplanar (no memo plano) que a dos demais satélites de Plutón, atopase nunha orbita circular a unha distancia orbital aproximada de 58 mil quilómetros.[1][2] .

Datos das lúas de Plutón editar

As lúas están clasificadas segundo o seu período orbital.

Lúas de Plutón
Nome Imaxe Diámetro (km) Masa (kg) Período orbital (días) Descubridor Ano
Caronte   1207 ± 3 (1,52±0,06)×1021 6,387230 James W. Christy 1978
Estixia 10-25 ? 20.2 +/- 0.1 Telescopio espacial Hubble 2012
Nix 46 - 137 5×1016 - 2×1018 24,856 Telescopio espacial Hubble 2005
Cérbero 13-34 ? 32,1 Telescopio espacial Hubble 2011
Hydra 61 - 167 5×1016 - 2×1018 38,206 Telescopio espacial Hubble 2005

Formación editar

O sistema de lúas ó redor de Plutón é inesperadamente complexo e podería se-lo resultado dunha colisión no pasado distante entre Plutón e outro obxecto de tamaño considerable do cinto de Kuiper.[3] As lúas de Plutón poderían se-la fusión dos cascallos xurdidos a partir dun evento destas características, semellante á teoría do Big Splash, esta teoría formula que a creación da lúa terrestre foi a partir dunha gran colisión. As resonancias orbitais podería actuar coma fendas para recolle-los materiais espallados dentro do sistema de Plutón.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar