Léonard Bourdon

político francés

Louis Jean Joseph Léonard Bourdon da Cronière, nado en Alençon o 6 de novembro de 1754 e finado en Breslau o 29 de maio de 1807, foi un político revolucionario francés, presidente da Assemblée nationale e procurador da Comuna de París, participou na revolta contra Robespierre que puxo fin ao período do Terror.

Léonard Bourdon.

Biografía editar

Fillo dun encargado de finanzas, era avogado do consello do rei Lois XVI cando en 1789 fundou unha escola de educación e tomou parte na toma da Bastilla do 14 de xullo.

Delegado da sección do gremio dos gravistas da comuna de París, apropiouse de parte das xoias confiscadas aos axustizados en Versalles na xornada do 10 de agosto de 1792 mentres eran custodiadas cara a Orleáns o 9 de setembro de 1792 onde decretou o estado de rebelión.

O mesmo ano é elixido deputado da Convención polo departamento de Loiret próximo ás posicións do partido Hebertistas que defendían as políticas de descristianización.

Durante os sucesos de 9 de Termidor, xunto a Barras, dirixiu a columna que asaltou o Hôtel de Ville de París que resultou na morte de Le Bas e ordenou a exhumación do cadáver de Jean-Paul Marat do Panteón. Tras o golpe de estado do 18 de Brumario, o 9 de novembro de 1799, que deu o poder a Napoleón Bonaparte, dirixiu unha das maison d'éducation.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Michael J. Sydenham, Leonard Bourdon: The Career of a Revolutionary. 1754‑1807, Waterloo Ontario, Wilfrid Laurier University Press, 1999.

Ligazóns externas editar