Léon Bakst
Lev Rosenberg, coñecido como Léon Bakst, nado en Hrodna en 1866 e finado en Rueil-Malmaison en 1924, foi un pintor escenógrafo ruso.
Léon Bakst | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Лейб-Хаим Израилевич Розенберг |
Alcume | Léon Bakst |
Nacemento | 27 de xaneiro de 1866, 27 de abril de 1866 e 10 de maio de 1866 |
Lugar de nacemento | Hrodna |
Falecemento | 27 de decembro de 1924 e 28 de decembro de 1924 |
Lugar de falecemento | Rueil-Malmaison |
Soterrado | Cemitério de Batignolles |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Rusia |
Alma máter | Academia Julian |
Ocupación | pintor, deseñador, diseñador de vestuario, escenógrafo, debuxante e artista gráfico |
Fillos | André Bakst |
Premios | Oficial da Lexión de Honra |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Naceu nunha familia xudía de clase media, estudou na Acadmia de Artes de San Petersburgo, ao tempo que traballaba como ilustrador de libros.
Con motivo da súa primeira exhibición (1889) utilizou o nome de Bakst baseado no apelido da familia da avoa materna, Baxter. Entre 1893 e 1897 viviu en París, á súa volta a Rusia formou parte do círculo de escritores e artistas formado por Sergei Diagilev e Alexandre Benois que daría orixe ao periódico Mir Iskusstvat (1899) e o movemento artístico que se agrupaba tras del, as ilustracións de Bakst para o xornal déronlle fama.
Dende comezos do século XX realiza retratos, pero sobre todo se dedica á escenografía, colaborando con Diagilev na montaxe de balets rusos.