Kypriian Zhokhovskyi
Kypriian Zhokhovskyi (en ucraíno: Кипріян Жоховський; en polaco: Cyprian Żochowski; en belaruso: Кіпрыян Жахоўскі, Kipryjan Žachoŭski), nado en 1635 no voivodato de Połock (Gran Ducado de Lituania) e finado o 26 de outubro de 1693, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1674 até a súa morte.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1635 ![]() Voivodato de Połock, Gran Ducado de Lituania ![]() |
Morte | 26 de outubro de 1693 ![]() Supraśl, Polonia (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Polack Supraśl Orthodox Monastery (en) ![]() ![]() |
Arcebispo católico | |
21 de maio de 1674 – ← Gabriel Kolenda Diocese: arquieparquía de Polack | |
Arcebispo católico | |
21 de maio de 1674 – ← Gabriel Kolenda – Lev Zalenskyi → | |
Metropolitano de Kíiv | |
Polish elector (en) ![]() | |
Arcebispo de Polack | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda a Rus ![]() |
Educación | Pontificio Colexio Grego de San Atanasio ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1671–), sacerdote católico (1663–) ![]() |
Consagración | Gabriel Kolenda ![]() |
Participou en | |
1674 | 1674 Polish–Lithuanian royal election (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Familia | House of Żochowski (en) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Biográfico Ruso ![]() |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarKypriian Zhokhovskyi naceu en 1635 nunha familia nobre no voivodato de Połock. De mozo, entrou no mosteiro de Byceń (hoxe no distrito de Ivacevicki) da Orde de San Basilio Magno.[1] Aos 23 anos, marchou a estudar no Pontificio Colexio Grego de Roma, entre marzo de 1658 e agosto de 1664.[2] O 29 de abril de 1663 foi ordenado sacerdote na igrexa de Sant'Atanasio de Roma. Despois obter o doutoramento en Teoloxía e Metafísica, permaneceu en Roma exercendo o seu ministerio na igrexa dos Santi Sergio e Bacco, e como secretario do bispo de Chełm, Jakub Suša, quen viviu en Roma por algúns anos.[1]
O metropolita de Kíiv Havryil Kolenda escolleuno como bispo coadxutor con dereito de sucesión, e asignoulle a sé titular de Viciebsk e Mscislaŭ, e así foi confirmado polo rei Miguel I o 12 de novembro de 1670.[3] Recibiu a consagración episcopal de mans do mesmo Kolenda o 15 de marzo de 1671. Coa morte de Kolenda, o 11 de febreiro de 1674, Zhokhovskyi converteuse no novo metropolita de Kíiv.[1]
Metropolita de Kíiv
editarComo metropolita, convocou un sínodo en Lublin en 1680 xunto ao bispo de Chełm, para tratar de conciliar a ortodoxos e greco-católicos. Porén, o sínodo non chegou a celebrarse por mor da oposición do rei e do nuncio.
Respecto da orde basiliana, Zhokhovskyi renunciou en 1675 ao seu dereito ao goberno da orde, deixando ao Capítulo Xeral da mesma a potestade de elixir o seu proto-arquimandrita. Porén, anos máis tarde, quiso recuperar o control total sobre a orde, e tentou ser elixido proto-arquimandrita en 1683 e en 1684. Nas dúas ocasións os monxes se opuxeron e apelaron a Roma, quen apoiou a postura dos monxes, limitando claramente en agosto de 1686 o poder do metropolita na vida da orde.
Zhokhovskyi opúxose a calquera cambio de rito particular dos seus fieis, así como á latinización do rito bizantino[1] exercidas coa polonización do seu país: logo dunha petición de Zhokhovskyi, o papa confirmou a prohibición de calquera cerimonia litúrxica latinizada. A comezos da década de 1690 fundou unha imprenta en Supraśl, coa que rematou co influxo de libros litúrxicos de Moscova e combateu o proceso de latinización.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Welyky, Athanasius (1958). "Cypriani Zochovskyj Biographia". Epistolae metropolitarum Kioviensium catholicorum Cypriani Zochovskyj, Leonis Slubicz Zalenskyj, Georgii Vynnyckyj. Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 3. Roma. pp. 4–8.
- ↑ Blazejowsky, Dmytro (1979). Ukrainian and Bielorussian Students at the Pontifical Greek College of Rome (1576-1976). Analecta OSBM. Series 2. Sectio 2. Volume X. Roma. p. 157.
- ↑ Blazejowsky, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. pp. 251, 282, 283.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kypriian Zhokhovskyi |
Bibliografía
editar- Żochowski, Stanisław (1988). Unia Brzeska w Polsce XVII wieku: Monografia ks. Cypriana Żochowskiego Metropolity całej Rusi i Arcybiskupa Połockiego, 1635-1693. Brisbane: Poets and Painters Press. ISBN 9780948668227.
- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
Ligazóns externas
editarDignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Havryil Kolenda |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1674 - 1693 |
Sucesor: Lev Zalenskyi |