Kvothe é un personaxe ficticio protagonista de The Kingkiller Chronicle (Crónica do asasino de reis), triloxía escrita polo estadounidense Patrick Rothfuss formada polos libros The Name of the Wind[1] (O nome do vento), The Wise Man's Fear (O temor dun home sabio), e The Doors of Stone (As portas de pedra, título non definitivo).

Descrición editar

No primeiro libro, The Name of the Wind, Kvothe aparece como un pousadeiro chamado Kote nunha aldea pouco habitada. É descrito como un home de cabelo vermello, mans finas e longas, musculatura máis propia dun guerreiro ca dun pousadeiro, e aparentemente impasible. Tódolos habitantes da aldea coñecen as cancións, aventuras e historias de Kvothe, pero ninguén, coa excepción dun alumno do propio Kvothe, un ser fata chamado Bast, sabe que ese do que tanto falan e cantan está diante dos seus ollos, atendéndoos e servíndolle-la comida e a bebida. No relato aparece Devan Lochees, tamén chamado Cronista, un escribán que se decata de quen é realmente o pousadeiro e o invita a contarlle a súa verdadeira historia. Comeza así o relato de Kvothe dende os primeiros anos da súa vida.

Ó longo da historia Kvothe desenvolve distintas facetas: músico, alumno da Universidade, guerreiro e arcanista (mago).

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2013. Consultado o 04 de marzo de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Recensión do personaxe en lecturalia.com (en castelán)