Kusumoto Ine (楠本 イネ?), nada como Shiimoto Ine (失本 稲?), e tamén coñecida como Oine, O-Ine e Itoku, nada en Dejima, Nagasaki, (Xapón) o 31 de maio de 1827 e finada en Toquio o 27 de agosto de 1903, foi a primeira médica que practicou a medicina occidental no Xapón.[1]

Infotaula de personaKusumoto Ine

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 楠本イネ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1827 Editar o valor em Wikidata
Dejima (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de agosto de 1903 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Azabu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaKōtai-ji (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Narutaki (Dejima, Nagasaki, Xapón)
Coñecido porPrimeira médica practicante da medicina occidental no Xapón
Xinecóloga
Actividade
Campo de traballoMedicina
Lugar de traballo Nagasaki Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédica , matrona , xinecóloga Editar o valor em Wikidata
ProfesoresIshii Sōken (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIshii Soken
FillosIshii Takako
PaiPhilipp Franz von Siebold Editar o valor em Wikidata
IrmánsHeinrich von Siebold (pt) Traducir e Alexander von Siebold (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: 失本-1

Traxectoria editar

Filla do médico, naturalista e botánico alemán, Philipp Franz von Siebold, nacionalizado neerlandés, que estaba establecido en Dejima, e da súa segunda esposa (ou talvez amante) Kusumoto Otaki, que fora unha cortesá cuxos documentos lle permitían acceder a Dejima,[2] illa artificial na baía de Nagasaki, á que aos xaponeses tiñan prohibida a súa entrada, exceptuando ás cortesás.

 
Siebold en Dejima coa súa amante xaponesa Kusumoto Otaki e a súa pequena filla Kusumoto Ine observando cun teresukoppu (telescopio) a entrada dun barco holandés na baía de Nagasaki.

Philipp Franz von Siebold, que era bávaro, foi invitado por un achegado á súa familia a pasar aos Países Baixos, e entrou ao servizo da Compañía Holandesa das Indias Orientais en 1822. Von Siebold solicitou un posto de médico militar, posto que lle permitiu viaxar ás colonias holandesas. Entrou no servizo militar holandés o 19 de xuño de 1822.[3] Foi asignado como médico na fragata Adriana para unha viaxe que, partindo de Rotterdam, debía de arribar a Batavia (actual Iacarta) nas Indias Orientais Neerlandesas (actualmente Indonesia). Durante a súa viaxe a Batavia na fragata Adriana practicou os seus coñecementos da lingua neerlandesa e, ademais, rapidamente aprendieu a lingua malaia. Von Siebold chegou a Batavia o 18 de febreiro de 1823.[3] Como oficial médico que era, von Siebold foi asignado a unha unidade de artillaría. Porén, permaneceu unhas semanas na residencia do Gobernador Xeral para recuperarse dunha enfermidade.

Debido aos seus eruditos coñecementos, impresionou ao Gobernador Xeral Indias Orientais Neerlandesas, o barón Van der Capellen, e ao encargado do Xardín botánico de Buitenzorg,[4] Caspar Georg Karl Reinwardt. Estes presentárono a Engelbert Kaempfer e Carl Peter Thunberg (autor da Flora Japonica), ambos os dous antigos médicos residentes en Dejima.[3]

 
Ine anciá, á esquerda, coa súa filla Takako.

Von Siebold foi encargado polo goberno holandés para que recollese todo tipo de informacións sobre o Xapón, pero non falaba nin lía a lingua xaponesa. Porén, Siebold puido encontrar intérpretes e entusiastas colaboradores entre os seus rangakusei, o que lle permitiu redactar en neerlandés memorias que cobren todos os aspectos da civilización xaponesa: flora, fauna, lingüística, historia e xeografía. En 1824, von Siebold comezou a traballar nunha escola de medicina de Nagasaki, a Narutaki-juku (Escola Narutaki),[5] O doutor Von Siebold dirixiu a ensinanza da medicina, chamada Rangaku, a numerosos alumnos xaponeses, coa axuda de 50 intérpretes (designados polo shōgun). A Escola Narutaki converteuse no lugar de encontro duns 50 rangakusei (estudantes). A esta escola asistiu, desde moi pequena, a súa filla Oine.

Os matrimonios mixtos entre xaponeses e occidentais estaban prohibidos, pero von Siebold coñeceu pronto a O'Taki San (楠本滝 Kusumoto Otaki), coa que viviu amancebado e quizais casou.[6] Os documentos de cortesá permitíronlle a Kusumoto Otaki acceder a Dejima, enclave que estaba prohibido aos xaponeses, exceptuando ás cortesás.[6]

En 1827 Kusomoto Otaki deu á luz unha filla, Kusumoto Ine, tamén coñecida como Oine. Anos máis tarde Oine foi a primeira doutora en medicina occidental, e parteira (hebamme) do Xapón.[7] Por dicir mellor, foi a primeira muller xaponesa que recibiu un adestrenamento por un médico, e converteuse el mesma nunha apreciada médica, chegando a ser médica da emperatriz, na Corte de Toquio en 1882, onde morreu 1903.[3][8]

En 1828 von Siebold fixo unha viaxe á Corte de Edo.[9] Durante a longa viaxe foi recolectando numerosas plantas e animais. Pero tamén obtivo varios mapas do Xapón e de Corea, que lle subministrou o astrónomo da corte Takahashi (debuxados por Inō Tadataka), e que os consideraba convenientes para fixar por si mesmo a fronteira norte do Xapón. A posesión de mapas do Xapón esraba rigorosamente prohibida aos estranxeiros. Custoulle caro; como resultado do afundimento da nave que levaba unha das súas cargas, estes mapas foron recollidos polos rescatadores, xunto con outros 50 obxectos prohibidos. O goberno inmediatamente acusouno de alta traizón e de ser un espía a soldo do Imperio ruso. Algnúns dos seus alumnos foron encarcerados, e el quedou suxeito a arresto domiciliario, sendo finalmente expulsado do país o 22 de outubro de 1829. Volveu aos Países Baixos o 7 de xullo de 1830, despedíndose da súa muller e de Oine, que tiña dous anos.[10]

Ine estivo en contacto co seu pai durante o seu longo exilio; este, enviáballe medicinas occidentais. Aos catorce anos comezou a estudar medicina occidental na escola que o seu pai deixara en Dejima, instruída polos seua alumnos xaponeses (os rangakusei).[7].</ref> Co tempo, converteuse na primeira muller médica do Xapón, e abriu unha clínica xinecolóxica en Nagasaki. Despois de ter traballado con éxito durante varios anos, finalmente foi chamada para desempeñar o papel de médica persoal da emperatriz, na Corte de Tokio.

Oine casou co médico Ishii Soken (石井 宗 谦; 1796-1861), de quen se sospeitou que violara a Ine.[11][12][13]. O 26 de febreiro de 1852 naceu a súa filla Ishii Takako (高 子, morta o 18 de xullo de 1938).

O pai de Ine regresou ao Xapón o 4 de agosto de 1859, despois de trinta anos de ausencia. Ine veríao por última vez en abril de 1862, cando se viu obrigado unha vez máis a regresar a Europa, e xa nunca máis regresou ao Xapón.[7]

Notas editar

  1. Lambourne 2005, p. 24.
  2. Lambourne 2005, p. 20.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 E. M. Binsbergen (2002). "Philipp Franz von Siebold (1796–1866). Wetenschapper in de Oost. Philipp Franz von Siebold (1796–1866). Scientist in the East". Universidade de Ámsterdam (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2007. Consultado o 18 de decembro de 2017. 
  4. Buitenzorg, actualmente denominada Bogor, é unha cidade de Indonesia na illa de Xava, que era a residencia oficial do Gobernador Xeral das Indias Orientais Neerlandesas, aínda que a capital era a próxima cidade de Batavia (actual Iacarta).
  5. 2.Edo Period: Pre-conditions for Industrialization (en inglés).
  6. 6,0 6,1 Lambourne 2007, p. 20.
  7. 7,0 7,1 7,2 Lambourne 2007, p. 24.
  8. Unterstein.net: Familia Siebold.
  9. Edo era o nome que recibiu Toquio antes da restauración Meixi en 1868.
  10. Lambourne 2007, p. 22.
  11. Akira Yoshimura: Von Siebold no Musume (ふぉん・しいほるとの娘).
  12. Ryōtarō Shiba: Kashin (花神).
  13. Tarō Minamoto: Fuūnji-tachi (風雲児たち).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Binsbergen, E. M. (2002): Philipp Franz von Siebold (1796–1866). Scientist in the East. Ámsterdam: Universidade de Ámsterdam.
  • Lambourne, Lionel (2007): Japonisme: Cultural Crossings Between Japan and the West. Londres: Phaidon. ISBN 978-0-7148-4797-9.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar