Bion 10

Satélite artificial da Unión Soviética
(Redirección desde «Kosmos 2229»)

Bion 10, tamén coñecido como Kosmos 2229, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 29 de decembro de 1993 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

Bion 10 / Kosmos 2229
TipoBiolóxico
Data de lanzamento29 de decembro de 1992, 13:30 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión12 días[5]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Regreso10 de xaneiro de 1993[1][5]
NSSDC ID1992-095A
Masa6000 kg[2][4][5]

Características editar

Bion 10 foi o décimo satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 226 km de perixeo, 397 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital, cun período de 90,5 minutos.[3][5]

Bion 10 levaba bordo dous monos e varios insectos, anfibios, plantas e cultivos celulares obxecto de experimentos deseñados por científicos de nove países e da ESA.[2]

A cápsula regresou o 10 de xaneiro de 1993, tras 12 días de voo.[2][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 2229" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (20 de abril de 2012). "Bion 10" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 4 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 27 July 1993 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-45435). 17 de agosto de 1993: 8. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bion" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2011). "Bion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2002. Consultado o 4 de maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kozlov, D I (1996). Mashnostroenie, ed. Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú. ISBN. 
  • Melnik, T G (1997). Nauka, ed. Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú. ISBN. 
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996. 

Outros artigos editar