Bion 7

Satélite artificial soviético
(Redirección desde «Kosmos 1667»)

Bion 7, tamén coñecido como Kosmos 1667, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 10 de xullo de 1985 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

Bion 7 / Kosmos 1667
TipoBiolóxico
Data de lanzamento10 de xullo de 1985, 3:15 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión6,9 días[5]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Regreso17 de xullo de 1985[1][5]
NSSDC ID1985-059A
Masa6000 kg[2][4][5]

Características editar

Bion 7 foi o sétimo satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 222 km de perixeo, 297 km de apoxeo e 82,3 graos de inclinación orbital, cun período de 89 minutos.[3][5]

Bion 7 levaba experimentos a bordo deseñados por científicos de nove países, entre eles dous macacos Rhesus para o estudo do sistema vestibular e o fluxo de sangue, así como o efecto das radiacións; dez ratas macho e dez tritóns, que foron usados para estuda-la velocidade de recuperación de feridas no espazo. Usouse un calorímetro para medi-lo intercambio de enerxía no paso da fase de ninfas a moscas de 1500 Drosophila melanogaster que tamén ían a bordo. Ademais, con Bion 7 voaron sementes de millo, azafrán e peixes Guppy nun acuario.[2]

A cápsula regresou o 17 de xuño de 1985, tras uns 7 días de voo.[2][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 1667" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (20 de abril de 2012). "Bion 7" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 3 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 4 December 1985 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (85-37758). 12 de decembro de 1985: 2. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bion" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2011). "Bion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2002. Consultado o 3 de maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kozlov, D I (1996). Mashnostroenie, ed. Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú. ISBN. 
  • Melnik, T G (1997). Nauka, ed. Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú. ISBN. 
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996. 

Outros artigos editar