Bion 6

Satélite artificial soviético.
(Redirección desde «Kosmos 1514»)

Bion 6, tamén coñecido como Kosmos 1514, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 14 de decembro de 1983 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

Bion 6 / Kosmos 1514
Asento para os macacos Rhesus de Bion 6
TipoBiolóxico
Data de lanzamento14 de decembro de 1983, 7:00 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión5 días[5]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Regreso19 de decembro de 1983[1][5]
NSSDC ID1983-121A
Masa6000 kg[2][4][5]

Características editar

Bion 6 foi o sexto satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 226 km de perixeo, 288 km de apoxeo e 82,3 graos de inclinación orbital, cun período de 89,3 minutos.[3][5]

Bion 6 levaba a bordo dous macacos Rhesus con sensores implantados para monitoriza-lo fluxo de sangue da arteria corótide e 18 ratas preñadas para o estudo do efecto da radiación e a microgravedade no embarazo. As ratas deron a luz camadas normais.[2]

A cápsula regresou o 19 de decembro de 1983, tras 5 días de voo.[2][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 1514" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (20 de abril de 2012). "Bion 6" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 3 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 12 March 1984 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (84-08900). 5 de abril de 1984: 2. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bion" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2011). "Bion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2002. Consultado o 3 de maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kozlov, D I (1996). Mashnostroenie, ed. Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú. ISBN. 
  • Melnik, T G (1997). Nauka, ed. Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú. ISBN. 
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996. 

Outros artigos editar