Klaus Ostwald
Klaus Ostwald, nado o 26 de agosto de 1958 en Bad Elster, é un antigo saltador de esquí da República Democrática Alemá que competiu entre 1979 e 1986 coa SV Dynamo, a organización deportiva das forzas de seguridade.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 1958 (65 anos) Bad Elster, Alemaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña República Democrática Alemá |
Altura | 175 cm |
Peso | 64 kg |
Actividade | |
Ocupación | saltador de esquí |
Lingua | Lingua alemá |
Deporte | Salto de esquí |
Participou en | |
1984 | ski jumping at the 1984 Winter Olympics – large hill (en) (26º) |
1984 | ski jumping at the 1984 Winter Olympics – normal hill (en) (13º) |
1980 | ski jumping at the 1980 Winter Olympics – large hill individual (en) (15º) |
Gañou o Campionato do Mundo de Salto de Esquí en 1983 en Harrachov cun salto de 183 metros. Nos Campionatos do Mundo de Esquí Nórdico conseguiu, na modalidade de equipos, unha prata en 1984 e un bronce en 1985. No Torneo dos Catro Trampolíns foi segundo en 1984 e terceiro en 1985.