Kirstie Alley
actriz estadounidense
Kirsten Louise "Kirstie" Alley, nada Kirsten Louise Deal o 12 de xaneiro de 1951 en Wichita e finada o 5 de decembro de 2022, foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria
editarKirstie é coñecida pola súa interpretación de Rebecca Howe na serie de televisión Cheers (1987–1993), pola que gañou un Emmy e un Globo de Ouro, tamén salienta a interpretación de Mollie Ubriacco na serie de filmes Mira quen fala.