King Buzzo
EP de Melvins
Data de edición: 1992
Lanzamento:
Datas de gravación: 1990 - 1992
Estudio(s) de gravación:
Duración: 13:53
Xénero musical: sludge metal
Selo discográfico: Boner Records
Producido por: Barret Jones, Buzz Osborne e Dave Grohl
Cronoloxía
Salad of a Thousand Delights King Buzzo Dale Crover

King Buzzo é un EP do guitarrista da banda The Melvins Buzz Osborne, editado en 1992 a través do selo Boner Records. Osborne contou co batería de Nirvana Dave Grohl para o proxecto. Grohl aparece como "Dale Nixon", un pseudónimo que Greg Ginn adoptou para tocar o baixo no disco My War de Black Flag.

Osborne non aparece na cancioón "Skeeter", que é unha remestura do tema "Just Another Story About Skeeter Thompson" gravada por dave Grohl o 23 de decembro de 1990 xunto a outras cinco cancións para o seu disco en solitario Pocketwatch. Skeeter Thompson era o baixista de Scream, a antiga banda de Grohl.

A portada do álbum é unha parodia da portada do disco en solitario de Gene Simmons, editado en 1978.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas foron compostos por Buzz Osborne agás onde se indique.

  1. "Isabella" - 3:15
  2. "Porg" - 4:02
  3. "Annum" - 4:29
  4. "Skeeter" (Grohl) - 2:03