Kimetsu no Yaiba
Kimetsu no Yaiba (en xaponés: 鬼滅の刃)[1] é unha serie manga escrita e ilustrada por Koyoharu Gotouge. Foi serializado na revista Shueisha Weekly Shōnen Jump de febreiro de 2016 a maio de 2020, cos seus capítulos recollido en 23 volumes. O manga conta a historia de Tanjiro Kamado un mozo que se esforza por converterse nun cazador de demos despois de que a súa familia fose asasinada e a súa irmá pequena, Nezuko, se converta nun demo.
Kimetsu no Yaiba | |
---|---|
鬼滅の刃 (Kimetsu no Yaiba) | |
Xénero | Aventuras, fantasía negra e artes marciais |
Manga Kimetsu no Yaiba | |
Creado por | Koyoharu Gotouge |
Editor | Weekly Shōnen Jump |
Publicado en | Jump Comics |
Primeira edición | 15 de febreiro de 2016 |
Última edición | 18 de maio de 2020 |
Núm. de volumes | 23 |
Anime Kimetsu no Yaiba | |
Dirixido por | Haruo Sotozaki |
Estudio | Ufotable |
Canle televisiva | Tokyo MX, GTV, GYT, BS11 (S1), Fuji TV (S2–3) |
Primeira emisión | 6 de abril de 2019 |
Última emisión | presente |
Núm. de capítulos | 55 |
Filmes | |
O manga adaptouse nun anime de 26 episodios producido por Ufotable, que se emitiu de abril a setembro de 2019, e tivo un filme secuela, Kimetsu no Yaiba: Mugen Ressha-hen, estreado en outubro de 2020. A segunda tempada, de 18 episodios, emitiuse de outubro de 2021 a febreiro de 2022, mentres que en febreiro de 2023 estreouse un filme recompilatorio, Kimetsu no Yaiba: Katanakaji no Sato-hen. A terceira tempada de 11 episodios emitiuse de abril a xuño de 2023, mentres que outra película recompilatoria, Kimetsu no Yaiba: Hashira Geiko-hen, estreouse en febreiro de 2024. A cuarta tempada estrearase no segundo trimestre de 2024.
Notas editar
- ↑ Bae, John (19 de febreiro de 2016). "VIZ Blog / Nihongo Lesson 02/19/16". Viz Media. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2019.
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |