Kim Hunter
Janet Cole, nada en Detroit (Míchigan) o 12 de novembro de 1922 e finada en Nova York o 11 de setembro de 2002, foi unha actriz estadounidense coñecida como Kim Hunter.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Janet Cole 12 de novembro de 1922 Detroit, Estados Unidos de América |
Morte | 11 de setembro de 2002 (79 anos) Greenwich Village, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Educación | Art Students League of New York (pt) Miami Beach Senior High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de televisión, actriz de cinema |
Período de actividade | 1943 - 2000 |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarO primeiro papel de Hunter foi no filme negro The Seventh Victim, en 1943. En 1947, interveu na representación orixinal de A Streetcar Named Desire, no papel de Stella Kowalski. Recuperou o papel na versión cinematográfica da obra e gañou o Oscar á mellor actriz secundaria. Entre as dúas versións xa se convertera nun dos primeiros membros do Actors Studio.[1]
Na década de 1950 estivo na lista negra do cinema e da televisión por ser sospeitosa de comunista durante o McCarthyismo. A partir de 1956 puido volver a actuar na televisión con éxito.
Aínda que non é recoñecible por mor da maquillaxe o seu papel máis lembrado e o da Doutora Zira no filme O planeta dos simios e dúas das súas secuelas.
Filmografía
editarAno | Filme | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1943 | The Seventh Victim | Mary Gibson | |
Tender Comrade | Doris Dumbrowski | ||
1944 | When Strangers Marry | Millie Baxter | |
A Canterbury Tale | Johnson's Girl | Estrea estadounidense | |
1945 | You Came Along | Frances Hotchkiss | |
1946 | A Matter of Life and Death | June | |
1951 | A Streetcar Named Desire | Stella Kowalski | |
1952 | Deadline - U.S.A. | Nora Hutcheson | |
Anything Can Happen | Helen Watson | ||
1952 | A Midsummer Daydream | Elizabeth | |
1956 | Storm Center | Martha Lockridge | |
Bermuda Affair | Fran West | ||
1957 | The Young Stranger | Helen Ditmar | |
1959 | Money, Women and Guns | Mary Johnston Kingman | |
1964 | Lilith | Dr. Bea Brice | |
1964 | The Evil of Adelaide Winters | Adelaide Winters | Episodio da serie The Alfred Hitchcock Hour |
1968 | O planeta dos simios | Dr. Zira | |
The Swimmer | Betty Graham | ||
1970 | Beneath the Planet of the Apes | Dr. Zira | |
1971 | Escape from the Planet of the Apes | Dr. Zira | |
Jennifer on My Mind | Jennifer's Mother | Escenas eliminadas | |
1974 | Bad Ronald | Elaine | |
1976 | Dark August | Adrianna Putnam | |
1976 | Once an Eagle | Kitty Damon | |
1987 | The Kindred | Amanda Hollins | |
1990 | Due occhi diabolici | Mrs. Pym | Episodio "The Black Cat" |
1993 | The Black Cat | Mrs. Pym | Episodio de Due occhi diabolici |
1997 | Midnight in the Garden of Good and Evil | Betty Harty | |
1998 | A Price Above Rubies | Rebbitzn | |
1999 | Abilene | Emmeline Brown | |
Out of the Cold | Elsa Lindepu | ||
2000 | Here's to Life! | Nelly Ormond | |
The Hiding Place | Muriel |
Notas
editar- ↑ Dick Kleiner: "The Actors Studio: Making Stars Out of the Unknown," The Sarasota Journal (21 de decembro de 1956), p. 26.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kim Hunter |