Killing with a Smile

álbum de Parkway Drive

Killing with a Smile é o primeiro álbum da banda de metalcore australiana Parkway Drive. Foi gravado en maio de 2005, durante un período de só dúas semanas co produtor Adam Dutkiewicz. É o seu único álbum co baixista Shaun Cash.

Killing with a Smile
Álbum de Parkway Drive
Gravaciónmaio de 2005
Duración39:37
Xénero(s)metalcore
Selo(s)Resist, Epitaph
Producido porAdam Dutkiewicz
Cronoloxía
Don't Close Your Eyes Killing with a Smile Horizons

Estrea

editar

O álbum foi publicado en setembro de 2005 en Australia co selo discográfico Resist Records, e un ano máis tarde nos Estados Unidos a través de Epitaph Records, incluíndo un videoclip para "Smoke 'Em If Ya Got 'Em".

En outubro e novembro, a banda participou na edición internacional de 2006 do tour Taste of Chaos, visitando Nova Zelandia, Australia, o Xapón e Europa.[1] Tamén participaron na edición de 2007 do Warped Tour entre xullo e agosto.[2]

Acollida

editar

Críticas

editar

Dende o seu lanzamento, Killing with a Smile recibiu unha serie de críticas variadas. Absolute Punk valorouno positivamente, describíndoo como un disco que define ben o xénero, eloxiando a estrutura das cancións, a pesar da falta de estrofas ou retrousos ben marcados.[3] O crítico de About.com, Chad Bower non foi tan positivo, pero declara que se trata dun primeiro álbum moi sólido que paga a pena para os fans do metalcore. Porén, critica as letras do álbum por ser un pouco "emo", aínda que a voz forte o compensa.[4]

Corey Apar, crítico de AllMusic, salienta como as letras tratan sobre corazóns rotos e o anoxados que están, citando "Romance is Dead" como un tesouro no referente a iso. Conclúe a recensión comparando a banda con Bleeding Through.[5]

O crítico Matt Whelihan de Punknews.org critica o álbum por ser demasiado xenérico.[6]

editar

O nome da canción "Guns for Show, Knives for a Pro" é unha cita do filme Lock and Stock.

O grupo de surf australiano Bra Boys inclúe catro cancións do álbum no filme documental Bra Boys: Blood is Thicker than Water: "Gimme a D", "Anasasis (Xenophontis)", "Mutiny" e "It's Hard to Speak without a Tongue". Todas elas, agás a última, foron incluídas na banda sonora.

Todas as cancións foron escritas por Parkway Drive.

Título Duración
1. "Gimme AD" 3:31
2. "Anasasis (Xenophontis)" 3:31
3. "Pandora" 3:58
4. "Romance Is Dead" 5:18
5. "Guns for Show, Knives for a Pro" (contén clips de Xungla de Cristal 2) 2:44
6. "Blackout" 2:43
7. "Picture Perfect, Pathetic" 2:44
8. "It's So Hard to Speak Without a Tongue" 4:14
9. "Mutiny" (contains clips sonoros de Piratas do Caribe: A Maldición da Perla Negra) 3:17
10. "Smoke 'Em If You Got 'Em" (versión re-gravada) 3:40
11. "A Cold Day in Hell" 4:01
Duración Total: 39:37

Créditos

editar

Os créditos de produción e representación están adaptados das notas do interior do álbum.

Parkway Drive

editar
  • Wiston McCall - vocalista.
  • Jeff Ling - guitarra.
  • Luke Kilpatrick - guitarra.
  • Shaun Cash - baixo.
  • Ben Gordon - batería.

Produción

editar
  • Adam Dutkiewicz - produtor, técnico, mesturas.
  • Waynus Krupa - técnico adxunto.
  • Steve Smart - masterización.
  • Asterik Studio - dirección artística, deseño.
  • Jerad Knudsen - fotografía.

Éxito

editar
  • 39º (posición máis alta) - Australian Albums (ARIA) 2005.

Historial de lanzamentos

editar
Rexión Data Selo Formato Catalog #
Australia 12 de setembro de 2005 Resist Compact Disc RES045
Europa 21 de agosto de 2006 Epitaph Compact Disc 86824
Estados Unidos 22 de agosto de 2006
  1. "Taking Back Sunday, Thursday, Underoath, Saosin on TOC Int’l". Alternative Press. 26 de xullo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  2. "Throwdown added to Warped 07; Madina Lake drop off". Alternative Press. 26 de abril de 2007. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  3. "Absolute Punk Review". Absolute Punk. 6 de decembro de 2006. Consultado o 16 de abril de 2014. 
  4. Bower, Chad. "About.com Review". About.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de abril de 2014. 
  5. Apar, Corey (22 de agosto de 2006). "AllMusic Review". AllMusic. Consultado o 16 de abril de 2014. 
  6. Whelihan, Matt (3 de marzo de 2006). "Punknews.org Review". Punknews.org. Consultado o 16 de abril de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar