Khasekhemui
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2022.) |
Khasekhemui foi o último faraón da dinastía II e do período arcaico de Exipto, ou período tinita. Gobernou entre os anos 2709 a.C. e 2682 a.C.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XXVIII a. C. |
Morte | século XXVII a. C. |
Lugar de sepultura | Umel Caabe (pt) |
Faraón | |
← Sequemibe (pt) – Zoser → | |
Q110644602 | |
Q110644534 | |
Actividade | |
Ocupación | estadista |
Período de tempo | Antigo Exipto, Época Tinita (pt) e Segunda Dinastía de Exipto |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | Segunda Dinastía de Exipto |
Cónxuxe | Nimaethap Menka |
Fillos | Shepset-ipet () Sejemib Hetefernebti () Nimaethap Nequerofrés (presumiblemente) () Nimaethap Nimaethap () Zoser () Nimaethap |
Descrito pola fonte | Tabela de Saqqara |
Traxectoria
editarFigura como Dyadyay na Lista Real de Abidos, aínda que se lle cita como Beby na Lista Real de Saqqara. Manetón comentou, segundo Xulio Africano, en versión do monxe Sincelo, que o noveno rei, Keneres, gobernou trinta anos. O Canon de Turín asigna a ...bty un reinado de 27 anos, dous meses e un día.
Casado con Nemaathapy, foi pai de Initkaes e Hetephernebty, e posiblemente sogro de Sanajt e Djoser.
É considerado o reunificador das Dúas Terras (Exipto) baixo o seu mando, dividida despois do reinado de Peribsen. Acabou coas rebelións dos nomos setentrionais e mediante o seu enlace coa princesa Nemaathapy, procedente do Baixo Exipto, consolidou o seu poder sobre todo o territorio.
Crese que ao reunificar o país cambio o seu nome Khasekhem polo de Khasekhemui.[Cómpre referencia] Pola semellanza do nome, moitos estudosos ven en Khasekhemui unha titulatura diferente adoptada logo da reconciliación nacional, que estivo en precario pola rebelión do sur. Reafirmou o sentimento nacionalista e restableceu o culto a Horus, en contraposición ao de Seth que foi propagado por Sejemib durante a época de crise.
Foi sepultado na necrópole real de Umm el-Qaab, en Abidos.
Con Khasekhemui conclúe a segunda dinastía, e con esta, o período arcaico de Exipto, ou período Tinita.
Construcións da súa época
editar- En tempos de Khasekhemui construír o impoñente recinto de Nekhen: o complexo de Khasekhemui é unha descomunal estrutura coñecida como Shunet el Zebib "o almacén das frechas", situada no deserto, a dous quilómetros da súa tumba; é unha enorme estrutura rectangular de 123 por 64 metros, con muros de adobe de cinco metros de espesor e vinte metros de altura, decorado en forma de fachada de palacio; aínda permanecen en pé grandes panos de muro cuns 5000 anos de antigüidade. Dentro deste recinto foi descuberta unha construción graduada que puido ser precursora da pirámide de Djoser. Considérase como unha importante etapa evolutiva dos complexos funerarios do antigo Exipto.
- O lugar da súa sepultura é a tumba V na necrópole de Umm el-Qaab, en Abidos.
Testemuños da súa época
editar- Entre os restos dos edificios de Nekhen foron atopadas por J.E. Quibell, en 1898, dúas estatuas sedentes do rei, con inscricións que rexistran o seu éxito sobre o Baixo Exipto. Son as primeiras estatuas esculpidas en pedra que representan a figura dun faraón; unha delas se atopa no Museo Exipcio do Cairo, de 56 centímetros de altura, tallada en xisto (JE 32161); a outra está no Ashmolean Museum de Oxford (AM 620.11)
- A evidencia máis antiga de inscricións dun rei exipcio na cidade libanesa de Biblos pertenceron á época de Khasekhemui.
Outras hipóteses
editarPredecesor: Khasekhem (?) |
Faraón Segunda dinastía |
Sucesor: Sanajt |