Kevin Rudd

primeiro ministro de Australia

Kevin Michael Rudd, nado en Nambour, Queensland o 21 de setembro de 1957, foi o Primeiro Ministro de Australia e líder do Partido Laborista dende o 27 de xuño até o 18 de setembro de 2013. Ocupou devanditos cargos entre 2006 e 2010.

Kevin Rudd
Kevin Rudd DFAT (smile).jpg
Nome completoKevin Michael Rudd
Nacemento21 de setembro de 1957
Lugar de nacementoNambour
NacionalidadeAustralia
Alma máterUniversidade Nacional Australiana, Marist College Ashgrove, Nambour State College, Yale-China Chinese Language Center e National Taiwan Normal University
Ocupaciónpolítico, diplomático, participante do fórum internacional e politicólogo
CónxuxeThérèse Rein
PremiosCompanion of the Order of Australia
Na rede
http://www.kevinrudd.com/
Facebook: MrKRudd Twitter: MrKRudd Instagram: mrkrudd Youtube: UCGed7ONu3481RxIT7jQ6ngA TED: kevin_rudd Discogs: 5444928 WikiTree: Rudd-78 Editar o valor em Wikidata
Kevin Rudd Signature 2.svg
editar datos en Wikidata ]

Dende 1998 até 2013, foi membro da Cámara de Representantes de Australia pola circunscrición de Griffith. O premier australiano abandonou a súa carreira como diplomático para abrirse camiño na política, e converteuse en líder do Partido Laborista en decembro de 2006.

Sr. Kevin Rudd coa Senadora Hillary Clinton (marzo de 2008)

LexislaturaEditar

O 3 de decembro de 2007, inmediatamente despois de tomar posesión do cargo, o Primeiro Ministro Rudd asinou o instrumento de ratificación do Protocolo de Quioto contra o cambio climático, cumprindo así unha das súas principais promesas electorais.[1]

Máis tarde en xaneiro de 2008, expuxo ós Estados Unidos o plan de retirar as tropas de combate de Iraq a mediados de ano con «o menor trastorno posible» da denominada Guerra de Iraq.[2]

O 24 de xuño de 2010 foi substituído pola súa correlixionaria, a vice primeira ministra Julia Gillard, tras perder o apoio do Partido Laborista. Cargo que volve ocupar o 27 de xuño de 2013, sucedéndoa.

NotasEditar

  1. Rudd ratifica Protocolo Kioto tras jurar como primer ministro australiano en terra.es
  2. "Australia se va de Irak". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2014. Consultado o 25 de abril de 2014. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar