Kerwan é a característica xeolóxica e o cráter máis grande de Ceres. Foi descuberto en 19 de febreiro de 2015, grazas ás imaxes tomadas pola sonda espacial Dawn, cando esta se aproximaba Ceres. O cráter chama a atención por ser bastante plano para o seu tamaño, e por carecer dun pico central. O pico central puído ser destruído por un cráter duns quince quilómetros de ancho que hai no centro do Kerwan. É probable que o cráter sexa vello, en relación ó resto da superficie de Ceres, xa que o cráter está recuberto por outro accidentes xeolóxicos.

Kerwan

O cráter Kerwan. O norte está cara a dereita.

Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Ceres
Coordenadas 10,77° S 123,99° E[1]
Diámetro 280 km[1]
Profundidade ~5 km
Procedencia do nome Recibe o seu nome en referencia ó espírito Hopi do crecemento do millo.[1]

Recibe o seu nome en referencia ó espírito Hopi do crecemento do millo. O nome foi aprobado pola UAI o 3 de xullo do 2015.[1]

Notas editar