Kenneth Ham

Astronauta estadounidense

Kenneth Todd "Hock" Ham, nado en Plainfield (Nova Jersey), o 12 de decembro de 1964, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-124 e STS-132.[1][2]

Kenneth Ham
Datos persoais
Nacemento12 de decembro de 1964
LugarPlainfield
Actividade
MisiónsSTS-124 e STS-132
Tempo no espazo25,53 días
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ham graduouse en enxeñería aeroespacial pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1987 e é máster en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados en 1996.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA en xuño de 1998. Participou nas misións STS-124 e STS-132 e pasou un total de 25,53 días no espazo. Deixou a axencia en xuño de 2012.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Ham, Kenneth Todd" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xuño de 2012). "KENNETH T. HAM (CAPTAIN, USN) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar