Kelvin Edward Felix

Kelvin Edward Felix, nado o 15 de febreiro de 1933 en Roseau (Dominica) é un cardeal e arcebispo católico latino, arcebispo de Castries (Santa Lucía) entre 1981 e 2008.

Kelvin Edward Felix
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1933 en Roseau, Dominica
Ordes
Ordenación sacerdotal8 de abril de 1956
Consagración episcopal5 de outubro de 1981, por Bulus Fuad Naim Tabit
Creado cardeal22 de febreiro de 2014, por Francisco
Arcebispo de Castries
Cardeal-Presbítero de Santa Maria della Salute a Primavalle
1981 - 2008
PredecesorPatrick Webster
SucesorRobert Rivas
Outros

Escudo de Kelvin Edward Felix
Ut omnes unum sint
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Naceu en Roseau o 15 de febreiro de 1933. Estudou no seminario San Xoán María Vianney en Trinidad, e foi ordenado sacerdote o 8 de abril de 1956, converténdose no primeiro sacerdote diocesano de Roseau e no primeiro sacerdote católico en ser ordenado en Dominica.

Logo de exercer o seu ministerio por uns anos en Dominica, marchou a estudar á Universidade San Francisco Xabier en Nova Escocia, graduándose en Educación en 1963; e obtivo un máster en Socioloxía e Antropoloxía na Universidade de Notre Dame (Indiana), en 1967. Finalizou os seus estudos en Socioloxía na Universidade de Bradford (Inglaterra), graduándose en 1970. Posteriormente foi profesor na Universidade das Indias Occidentais en St. Augustine (Trinidad e Tobago).

O 17 de xullo de 1981 foi elixido arcebispo de Castries. Recibiu a consagración episcopal o 5 de outubro de mans do pro-nuncio para as Antillas Bulus Fuad Naim Tabit, tendo como co-consagrantes ao arcebispo de Porto España Gordon Anthony Pantin e ao arcebispo de Kingston Samuel Emmanuel Carter.

Durante o seu pontificado foi tamén presidente da Conferencia Episcopal das Antilla, e membro do Pontificio Consello para a Familia e do Pontificio Consello para o Diálogo Interrelixioso.

Permaneceu á fronte da arquidiocese e Castries até que Bieito XVI aceptou o seu retiramento ao alcanzar a idade canónica, o 15 de febreiro de 2008. No consistorio do 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria della Salute a Primavalle.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar