Kelly Dawn Knight Craft (de solteira Guilfoil), nada en Lexington o 24 de febreiro de 1962, é unha política estadounidense, embaixadora dos Estados Unidos ante as Nacións Unidas desde 2019 até 2021.[1] Anteriormente foi embaixadora dos Estados Unidos no Canadá, a primeira muller en ocupar o cargo.[2][3][4]

Infotaula de personaKelly Craft

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Kelly Knight Craft Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Lexington, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
30ª Lista de representantes permanentes dos Estados Unidos junto às Nações Unidas em Nova Iorque (pt) Traducir
12 de setembro de 2019 – 20 de xaneiro de 2021
← Jonathan Cohen (en) TraducirRichard M. Mills, Jr. (pt) Traducir →
United States Ambassador to Canada (en) Traducir
23 de outubro de 2017 – 23 de agosto de 2019 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Kentucky
Glasgow High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , fundador (pt) Traducir , empresaria , diplomática Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
Global Conference 2020 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJoe Craft (pt) Traducir (2016–) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5091162 Twitter: kellycraftky Instagram: kellycraftky Editar o valor em Wikidata

Foi nomeada polo presidente George W. Bush como delegada dos Estados Unidos ante as Nacións Unidas en 2007, onde o seu enfoque incluíu a participación dos Estados Unidos en África.[5][6]Foi delegada da Convención Nacional Republicana de 2016 por Kentucky. Dirixiu Kelly G. Knight LLC, unha firma de asesoría comercial con sede en Lexington (Kentucky).[7]

Despois de ser confirmada polo Senado dos Estados Unidos, tomou xuramento oficial como embaixadora ante as Nacións Unidas o 10 de setembro de 2019.[8] Presentou as súas cartas credenciais ao Secretario Xeral António Guterres o 12 de setembro de 2019.[9]

Traxectoria editar

Naceu en 1962 en Lexington (Kentucky).[10] O seu pai era un activista do Partido Demócrata que unha vez foi presidente do Partido do Condado de Barren (Kentucky).[1] Creceu en Glasgow (Kentucky), e graduouse en Glasgow High School en 1980. Recibiu un título de grao na Universidade de Kentucky en 1984.[11]

Participación política editar

Foi descrita como unha doante xenerosa para os candidatos políticos republicanos.[12]

En 2004, foi unha destacada partidaria de George W. Bush, quen a designou delegada ante as Nacións Unidas en 2007.[13] Como parte da delegación, as súas responsabilidades incluíron asesorar ao embaixador estadounidense sobre a política dos Estados Unidos en África.[14]

En 2016, Craft e o seu esposo doaron millóns de dólares aos candidatos para o nomeamento republicano de 2016.[15] Antes de doar máis de 2 millóns de dólares á campaña de Donald Trump, a parella apoiou a Marco Rubio.[13] Craft e o seu esposo, Joe Craft, apoiaron firmemente a Mitch McConnell.[16] McConnell á súa vez instou a Trump a nomear a Craft como embaixadora no Canadá. O matrimonio Craft ten membresía de "ouro" nos hoteis Trump, que é para clientes que se hospedaron máis de 20 veces nos seus hoteis; segundo o Washington Post, tales membresías son raras.[17]

Integrou o consello de administración da súa alma mater, a Universidade de Kentucky, por un período que comezou en agosto de 2016, pero renunciou para aceptar o cargo de embaixadora no Canadá un ano despois.[14][18]

Carreira diplomática editar

O 15 de xuño de 2017, foi nomeada polo presidente Donald Trump para converterse en embaixadora no Canadá. Foi confirmada polo Senado o 3 de agosto e asumiu o cargo o 23 de outubro.[19]

O 22 de febreiro de 2019, Trump anunciou a súa intención de nomear a Craft para substituír a Nikki Haley, quen renunciara o ano anterior, para ser a próxima embaixadora dos Estados Unidos ante as Nacións Unidas, e despois de retirar o nomeamento de Heather Nauert.[20][21] O 2 de maio de 2019, o nomeamento de Craft foi enviado formalmente ao Senado estadounidense.[22] O 19 de xuño de 2019, realizouse unha audiencia sobre o seu nomeamento ante o Comité de Relacións Exteriores do Senado.[23] Durante a audiencia, Craft dixo que continuaría loitando contra os prexuízos contra Israel nas Nacións Unidas.[24] O 31 de xullo de 2019, o seu nomeamento foi confirmado por unha votación de 56-34.[25] Foi xuramentada polo vicepresidente Mike Pence o 10 de setembro de 2019.[26][27]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Straehley, Steve (14 de agosto de 2017). "United States Ambassador to Canada: Who Is Kelly Knight Craft?". AllGov. 
  2. "Kelly Craft sworn in as U.S. Ambassador to Canada". WKYT. 18 de agosto de 2017. 
  3. "Ten Nominations Sent to the Senate Today". White House Office of the Press Secretary. 15 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  4. "PN603 – Kelly Knight Craft – Department of State". U.S. Congress. 
  5. "Trump nominates Kelly Knight Craft as the next ambassador to Canada". BBC. 15 de xuño de 2017. 
  6. "Bush nominates Knight for UN". 13 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  7. Latek, Tom (14 de xuño de 2017). "Kelly Knight Craft is Trump's pick to serve as US Ambassador to Canada". 
  8. "Ambassador Kelly Craft" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  9. "New US envoy Kelly Craft says she will be voice for freedomt". 12 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2020. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  10. "President Trump nominates Kelly Knight Craft, Kentucky native, as next UN Ambassador". Sinclair Broadcast Group. 22 de febreiro de 2019. 
  11. Canada. "Trump's ambassador pick sends GOP power couple to Ottawa". 
  12. "Republican fundraiser Kelly Knight Craft to be new U.S. ambassador to Canada". CBC News. 14 de xuño de 2017. Last June, Bloomberg reported that Trump promised he would keep two top Republicans, House Speaker Paul Ryan and Senate majority leader Mitch McConnell, in their leadership posts – a key factor in the Crafts' decision to raise money for the then presumptive Republican presidential nominee. 
  13. 13,0 13,1 Campbell, Meagan (24 de outubro de 2017). "Why Kelly Knight Craft was made U.S. ambassador to Canada". 
  14. 14,0 14,1 "Board of Trustees Members – Kelly Knight Craft". University of Kentucky. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2017. 
  15. "Trump's pick for Canada: Kelly Knight Craft is the billionaire Republican donor tapped to be the next U.S. ambassador". 1 de marzo de 2017. Only a fraction of that money ended up in Trump's campaign. The pair initially supported Marco Rubio, but also contributed to the campaigns of Ted Cruz and Chris Christie. 
  16. Gardner, Lauren (17 de xuño de 2019). "Trump's U.N. nominee was 'absent' ambassador". 
  17. "Trump announces nomination of Kelly Knight Craft to be ambassador to United Nations". 2019. 
  18. Eads, Morgan (17 de outubro de 2017). "Bevin appoints new member to UK Board of Trustees". 
  19. "PN603 – Kelly Knight Craft – Department of State". Congress.gov. 
  20. "Trump picks envoy to Canada Kelly Craft for U.N. ambassador". 21 de febreiro de 2019. 
  21. "Ex-Fox News anchor Heather Nauert withdraws from consideration as UN ambassador". 16 de febreiro de 2019. 
  22. The White House (2 de maio de 2019). "Seven Nominations Sent to the Senate". The White House. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  23. Testimony, Download. "Nominations | United States Senate Committee on Foreign Relations". 
  24. "Trump's pick for UN envoy says she'll fight anti-Israel bias" (en inglés). 21 de xaneiro de 2019. 
  25. "On the Nomination (Confirmation: Kelly Craft, of Kentucky, to be Ambassador of the United States of America to the United Nations and Representative to the Security Council), United States Senate". 31 de xullo de 2019. 
  26. "Ambassador Kelly Craft". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  27. "Senate confirms Kelly Craft as US ambassador to UN". 31 de xullo de 2019.