Keith Noel Emerson, nado en Todmorden (Inglaterra) o 2 de novembro de 1944 e finado o 10 de marzo de 2016 en Santa Monica (California), foi un pianista, teclista e compositor británico. Comezou a súa carreira integrando o grupo The Nice, e despois pasou a formar parte de Emerson, Lake & Palmer (ELP), un dos primeiros super grupos dos anos 70. Despois da disolución de ELP, volveu reunirse cos integrantes de The Nice a mediados dos anos '90 para facer unha xira de concertos.

Keith Emerson
Nome completoKeith Noel Emerson
AlcumeEmo
Nacemento2 de novembro de 1944
Lugar de nacementoTodmorden
Falecemento11 de marzo de 2016 e 10 de marzo de 2016
Lugar de falecementoSanta Monica
Causadisparo na cabeza
SoterradoLancing
NacionalidadeReino Unido
Ocupacióncompositor, músico, teclista, compositor de bandas sonoras e artista discográfico
PremiosFrankfurter Musikpreis
Na rede
http://www.keithemerson.com/
IMDB: nm0256230 Facebook: KEITH.EMERSON.OFFICIALPAGE Twitter: keith_n_emerson Youtube: UCDWcQ6cYm60CfN8CVlfNqig Spotify: 5MwQBuYuEnf6hLsupDJ0Um Musicbrainz: e1350b4d-286e-40f1-894f-8c88a03351fe Songkick: 416633 Discogs: 252850 Allmusic: mn0000765900 Find a Grave: 159255246 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emerson naceu en Todmorden, (Yorkshire Occidental), no norte de Inglaterra. De neno aprendeu a tocar o piano con orientación á música clásica europea, do cal derivou moita inspiración para crear o seu estilo propio, combinando música clásica, jazz e rock nas súas obras. Como executante de órgano Hammond, Emerson encontrou en 1969 unha oportunidade para colaborar con Robert Moog, e traballou coa súa invención, o módulo Moog, un sintetizador analóxico. Namentres outros músicos, tales como os Beatles e os Rolling Stones usaran o Moog, Emerson foi o primeiro músico en facer unha xira cun destes sintetizadores.

Emerson é coñecido pola súa técnica virtuosística e polas súas pallasadas no escenario, incluíndo o uso de coitelos para oprimir as teclas do órgano durante os seus solos, tocando o órgano ao revés mentres o ten no seu colo e empregando un dispositivo especial para rotar o seu piano mentres o está tocando (isto era puramente teatral, xa que os pianos acústicos non poden funcionar cando son rotados deste modo). Xunto aos seus contemporáneos como Richard Wright de Pink Floyd, Tony Banks de Genesis , Rick Wakeman de Yes e Jon Lord de Deep Purple, Keith Emerson é amplamente recoñecido coma un dos tecladistas máis influentes da era do rock progresivo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar